Skip to Content

Blogues

ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN 2024/2025

COMEZA O PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025.

Queres traer o teu pequeno ou pequena á nosa escola? Non o dubides! 

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de admisión de xeito manual ou a través de https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/# no menú:

Solicitudes > Admisión > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar ou por SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Calquera dúbida estamos no cole dispoñibles para ti!

COMEZA O PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025.

Queres traer o teu pequeno ou pequena á nosa escola? Non o dubides!
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de admisión de xeito manual ou a través de https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/# no menú:
Solicitudes > Admisión > Crear
Esta solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar ou por SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.
Calquera dúbida estamos no cole dispoñibles para ti!
1-20 DE MARZO
 
 

Multideporte

O día 25 de outubro acudimos ao pabillón de Ribadavia para participar na 1ª xornada do multideporte. Enfrontámonos ao alumnado do colexio de Carballeda de Avia en distintos xogos e deportes: brilé, minibásket, minibalonmán, e minivolei. Foi unha xornada de convivencia na que o resultado non era o importante senon facer exercicio físico e disfrutar coa actividade polideportiva. Pasámolo moi ben!!! Así que repetiremos a experiencia.

Información relativa á última semana de curso 2019/2020

Estimadas familias,

Clicando aquí podedes consultar toda a información máis importante relativa a esta última semana do curso 2019/2020 (nas que se inclúen publicación de notas, titorías, entrega de libros, recollida de material...)

Podedes tamén descargalo como arquivo adxunto. 

 

Tarefas, semana do 1 ao 5 de xuño

Bos días,que tal estades? Como levades estes días de calor?!

As profes sabemos que xa comezades a estar un pouco cansos, asíque as tarefas desta semana xa case son as últimas, que non queda nadiña para rematar este curso, só unha semaniñas. Así que moito ánimo que vós podedes!

TAREFAS PARA ESTA SEMANA

- Educación infantil

- 1º de primaria (caligrafía)

- 2º de primaria (caligrafía)

- Música

- 4º de primaria

- 5º de primaria

- 6º de primaria

- Educación Física

- Inglés para toda primaria

- Relixión católica

 

Tarefas, semana do 25 ao 29 de maio

Estimadas familias, que tal estades? Agardamos que todo vaia ben!

De novo, aquí vos deixamos as tarefas para esta semana. Non esquezades enviarnos fotos das vosas tarefas, preguntarnos dúbidas ou consultarnos se tendes algunha dificultade. 

Coidádevos moito e moito ánimo, que non queda nada para rematar o curso!

TAREFAS

- Educación infantil

- 1º de primaria

- 2º de primaria

- Plástica para todo o cole

- Inglés para todo o cole

- Valores para todo o cole

- 4º de primaria, (Cuerpos redondos)

- 5º de primaria

-6º de primaria, (Cuerpos redondos)

- Educación Física

- Religión católica

Tarefas semana do 19 ao 22 de maio

Bos días,

como sabedes hoxe 18 de maio collémolo como non lectivo este curso, polo que non mandamos tarefas para o luns, comezan a partir do martes. Non obstante, colgámosvolas para que teñades acceso a elas e poidades ir traballando se así o preferides. 

Recordarvos a importancia de que nos mandedes as tarefas, pois ese 10% a maiores na etapa de primaria só contará para aqueles nenos e nenas que nos vaian amosando o traballo realizado. Por iso, senón nos enviades fotos das vosas tarefas non podemos comprobar o traballo realizado. 

- Educación infantil

- 1º primaria

- 2º primaria

- Música

- 4º primaria  (Poliedros)

- 5º primaria

- 6º primaria  (Poliedros)  (CCSS: biografías e pinturas)

- Educación Física:   (Xogo da Oca)   (Probas da oca)

- Relixión católica

Semana das letras galegas

Como sabedes, o día das Letras Galegas está ao caer e para conmemoralo deixámosvos as seguintes propostas!

1. Primavera das letras (con recursos, actividades, descargables...) facendo clic aquí https://primaveradasletras.gal/

2. Baía Edicións (con libros en galego que podedes descargar de forma gratuíta adaptados a diferentes idades) facendo clic aquí https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

3. Documento elaborado dende o cole onde atoparedes propostas de actividades para que nos enviedes, ademais de Escape rooms e vídeos relacionados co autor, entre outros. Fai clic aquí 

Adaptación programacións

Estimadas familias,

clicando nos seguintes cursos ou especialidades podedes consultar as adaptacións das nosas programacións no relativo á metodoloxía e avaliación para este terceiro trimestre do curso 2019/2020. 

Non obstante, se queredes o documento completo ou tendes algunha dúbida ou cuestión non teñades reparo en poñervos en contacto con nós a través do correo, teléfono do centro ou persoais. 

Cursos

- Educación Infantil

- 1º primaria

- 2º primaria

- 4º primaria

- 5º primaria

- 6º primaria

Especialidades

- Educación artística: música e plástica

- Educación física

- Inglés

- Relixión católica

- Valores

Tarefas semana do 11 ao 15 de maio

Bos días!

Comezamos unha nova semana do mes de maio! Esta semana é un pouco máis especial pois conmemórase o día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ricardo Carballo Calero. Faremos unha publicación para que poidades descubrir e coñecer algo máis del dunha forma divertida.

Pero de momento, velaqui vos deixamos as tarefas para esta semana. Non vos esquezades, os de primaria, de enviar as tarefas ás profes por correo electrónico, pois só así poderemos valoralo positivamente! Tamén recordarvos que se tendes algún problema para visualizalo podedes dercargalo nos arquivos adxuntos ou ben escribirnos ás profes.

Unha aperta, as vosas profes!

- Educación infantil

- 1º primaria

- 2º primaria

- Música

- Relixión católica

- Educación Física

- 4º primaria

- 5º primaria. (Poliedros)

- 6º primaria

- Tangram (4º, 5º, 6º)

Distribuir contido


by Dr. Radut