Skip to Content

Plan Dixital

Plan Dixital

Os centros educativos forman parte dun mundo en cambio permanente e dunha sociedade cada vez máis dixitalizada e por esa razón, os centros educativos deben dar respostas a esas necesidades para poder formar cidadáns do futuro coas competencias necesarias para desenvolverse nun entorno dixitalizado.

A necesidade de incorporar a transformación dixital dos centros nos procesos de ensino xustificase dende diferentes puntos de vista: o desenvolvemento de competencias para unha cidadanía dixital, o acceso democrático á información e o coñecemento, a formación para o traballo e o emprego, a innovación de metodoloxías docentes, a creación de comunidades de aprendizaxe en rede o el desenvolvemento de competencias tecnolóxicas para a innovación.

Tendo en conta o mundo no que vivimos é necesario que abordemos a tecnoloxía desdeunha perspectiva máis global, mirando ao centro como a unidade de transformación e deseñando plans de mello ra e actualización que poidan ser desenvoltos co impulso do equipo directivo e a comunidade educativa do centro.

Este plan está concibido como un documento vivo que conten os acordos alcanzados no centro con respecto aos obxectivos xerais do plan, as estratexias de dinamización e xestión dos recursos tecnolóxicos e a inclusión das TIC nas diferentes concrecións curriculares. Supón un compromiso por parte de toda a comunidade educativa. Cada un na medida de súas posibilidades e o seu nivel actual de formación.

PLAN DIXITAL DE CENTRO DO CEIP CARMEN GARCÍA CARRASCO 2022-2023

 

PLAN DIXITAL DE CENTRO DO CEIP CARMEN GARCÍA CARRASCO 2023-2024

Distribuir contido


by Dr. Radut