Iniciar sesión: Acceso

Música

Proxecto: O corpo humano

Dende setembro, o alumnado de educación infantil, en colaboración co alumnado de 1º de educación primaria, estamos inmersos no descubrimento e coñecemento do noso corpo: órganos principais, partes e funcións, articulacións, sentidos, emocións... 

Aquí vos deixamos algunhas das cousas que fixemos: unha caixa e mais unha ruleta dos sentidos, unhas botellas da calma...

 

Así de ben debuxa o noso alumnado de Infantil

Ao longo deste curso 2017/18 o noso alumnado de educación infantil levou todas as fins de semana un conto diferente e de cada un deles fixeron un marabilloso debuxo. 

Aquí vos deixamos algunhas das súas creacións, pero só son unha pequeniña parte, pois teñen os seus blocs moito máis cheos!

Experimentando coas novas tecnoloxías

Dende o cole estamos experimentando as posibilidades que nos ofrece a robótica para aprender cousas e recordar outras. Así, coa axuda do noso amigo robot traballamos as cores, os números, os animais... 

Por iso nos gustaría ensinarvos cómo traballamos con el.

E ata nos axudou a repasar as aprendizaxes que construimos sobre o espacio.

A alimentación é vida

A alimentación é un pilar fundamental da nosa vida e por iso debemos coidala e prestarlle moita atención. Por iso, no cole traballamos durante o mes de novembro a alimentación buscando e recolectando receitas, poñendo a mesa, creando os nosos propios menús, elaborando rodas e semáforos dos alimentos; entre outras. 

Aquí vos deixamos parte do noso traballo.

Creamos no magosto

O magosto pillounos traballando pois xa o estabamos agardando!

Coidemos os nosos dentes!

Hoxe tivemos no cole unha actividade na que recordamos o importante que é coidar ben os dentes e os alimentos que debemos consumir para que medren sans e fortes!

Experimentamos cos trazos

Aquí vos deixamos algunhas imaxes de como xogando e experimentando comezamos a practicar os trazos. 

Cocorico

Como a historia e a canción de Cocorico nos gustan tanto... decidimos crear a algún dos seus personaxes principais en forma de marioneta e colgante e DRAMATIZALO!

 

O Samaín

Así de ben o pasamos na festa do Samaín.

 

Algunhas das cousas que fixemos foron DE MEDO!

 

Distribuir contido

Back to top