Iniciar sesión: Acceso

Recomendámosche

Convivencia co CRA Amencer. Día das Letras Galegas 2019

Onte, día xoves 16 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas cunha estupenda xornada no noso cole xunto co alumnado e profesorado do CRA Amencer, de Ribadavia. 

Así, comezamos a xornada cun tempo de distensión e cunha benvida do alumnado maior do cole quen, ademais, presentounos ao autor homenaxeado das Letras Galegas: Antón Fraguas Fraguas a través do Kamishibai. Despois, cada neno/a decorou a súa pegatina do autor. Logo, veu o tempo da merenda e da maxia e contacontos da man de Leo Leíño. Para rematar, tivemos tempo libre e xantamos xuntos no comedor do cole. 

Velaquí vos deixamos unhas fotiños como resumo da xornada. 

 

Encontros co autor/a

Hoxe no cole tivemos o primeiro Encontro co autor! Os nenos e nenas maiores do cole leron este curso o libro "Brian, o chinés" e hoxe, o seu autor, David Daniel Vázquez Álvarez, visitou o noso cole para compartir con nós experiencias do seu libro. Ademais, contestou todas as nosas dúbidas por iso dende o cole nos gustaría agradecerlle un montón a súa visita!

As aventuras de Marco Polo

Hoxe o Mago Martín contounos o conto de "As aventuras de Marco Polo", un neno que emprendera unha viaxe e ao que lle foron pasando cousas moi.... 

teredes que ler o libro para sabelo!

Semana do libro!

Esta semana, como conmemoración do día do libro, no cole realizamos moitas actividades moi especialmente relacionadas cos libros. Así, o martes inauguramos o noso habitual "Troco de libros" entre o alumnado do cole, realizamos uns marcapáxinas e creamos un mural sobre un libro do que moi prontiño imos recibir ao autor. O mércores foi o día dos "Apadriñamentos lectores" e o xoves ... unha nova sesión do Clube de lectura!

Visita o teu super!

Hoxe participamos nunha proposta do grupo Vegalsa Eroski moi directamente relacionada co proxecto deste curso: os Hábitos saudables. 

Primeiro, recibimos unha pequeniña pero moi interesante charla no cole sobre os hábitos saudables e a organización dun super. Despois, o autobús recolleunos e fomos a visitar o Eroski de Ribadavia, no que nos fixeron un percorrido guiado polas diferentes seccións, parándose a explicarnos cada unha delas (cales eran os EPIs dos carniceiros e carniceiras, como saber diferenciar un pescado azul dun brando...) e nos prepararon unha marabillosa e moi saudable merenda! E ademais, déronnos un agasallo moi chulo! 

Encantounos a actividade! Noraboa pola proposta :)

"A Fada Pirata"

Hoxe, no cole tivemos a sorte de poder desfrutar dunha marabillosa obra "A Fada Pirata" interpretada polo grupo "Os Furabolos", baseada no libro "A Fada Pirata" do escritor Carlos Labraña. 

O certo é que foi un pracer enorme poder desfrutar dela. Mil millóns de grazas por compartila con nós!

Día de Rosalía

Ao longo desta semana celebramos o Día de Rosalía. E para iso realizamos diferentes actividades. 

Primeiro comezamos pensando como representar os versos do manifesto escollido este curso pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Cando o tivemos nas nosas cabezas, puxémonos mans á obra. Sacamos fotos dramatizando as situacións descritas e con elas elaboramos uns murais por grupos. Pero pese a ser diferentes, todos eles tiñan algo en común: Rosalía. Así, coloreamos a Rosalía e ao seu pensamento libre, en forma de bolboretas, mans, flores, música... 

Con estes cartaces fixemos unha manifesa-acción protesta que grabamos e montamos en vídeo, con todo o alumnado e profesorado do cole como participantes. 

Ademais, elaboramos uns dípticos sobre Rosalía, que incluían a súa biografía e o seu retrato, así como un dos seus poemas en galego que cada neno e nena ilustrou á sua maneira. 

Aquí vos deixamos unhas fotiños. Para poder ver o video, este é o enlace: https://www.facebook.com/ceipcarmen.garciacarrasco.7 

Día da Paz e non Violencia

Hoxe conmemoramos o Día da Paz e non Violencia e no cole celebrámola á nosa maneira! Elaboramos uns chulísimos posavasos de paz que irán para os nosos vasos do comedor escolar, ilustramos unha poesía sobre a Paz (pois é o día da Ilustración) e elaboramos entre todo o alumnado e profesorado do cole un mural titulado "Ingredientes para a paz", en relación co proxecto dos Hábitos saudables. Tamén, o alumnado maior do cole traballou sobre a película "Wonder", relacionada co acoso escolar. 

Quédanos pendente a Andaina, que con motivo da choiva tivemos que anular. Esperamos poder ir en breves!

"Alma y la isla"

Hoxe dende Infancia Misioneira viñeron ao noso cole a falarnos dun conto que previamente os nenos e nenas maiores do cole leron en conxunto na aula: "Alma y la Isla" se titula. Trátase dun conto sobre inmigración, convivencia, multiculturalidade e dereitos humanos, entre moitos outros.Con eles comentaron diferentes aspectos do conto e realizaron diferentes preguntas. Despois, todos xuntos cantaron unha canción. 

GUÍA NADAL 2018

Aquí tendes a guía de recomendacións lectoras que fixemos en colaboración co CRA Amencer de Ribadavia. Pinchade na foto para ver toda a guía.

Distribuir contido

Back to top