Iniciar sesión: Acceso
warning: Invalid argument supplied for foreach() in /srv/www/drupal6/sites/all/modules/cck/content.module on line 1286.

Benvida

Benvidos á páxina web do CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle.

Sitio web do CENTRO EDUCATIVO.

                                           

 

Xornadas de PORTAS ABERTAS!

"Alma y la isla"

Hoxe dende Infancia Misioneira viñeron ao noso cole a falarnos dun conto que previamente os nenos e nenas maiores do cole leron en conxunto na aula: "Alma y la Isla" se titula. Trátase dun conto sobre inmigración, convivencia, multiculturalidade e dereitos humanos, entre moitos outros.Con eles comentaron diferentes aspectos do conto e realizaron diferentes preguntas. Despois, todos xuntos cantaron unha canción. 

Campo a través

Hoxe, o alumnado maior do cole participou na Final Comarcal de CAMPO A TRAVÉS deste curso 2018/2019, no que participaron nenos e nenas doutros centros da comarca do Ribeiro. 

Noraboa a todos e todas por participar! E, en especial, aos que estiveron preto de clasificarse e aos dous clasificados para a final provincial, unha delas en primeira posición!

O noso cole conta: Agasallos de Nadal!

Parece que os Reis Magos non se esqueceron do noso cole pois hoxe atopamos uns agasallos do máis entretidos e educativos xunto a unha das nosas árbores de Nadal!

Que afortunado é o noso alumnado de infantil!

n/d

E chegou o Nadal!

Chegou o tan desexado Nadal e con el: panxoliñas, bailes e música, postais, árbores, bonecos de neve, gorros de Papá Noel... E no noso cole a súa chegada non pasou nada desapercibida! Mais ben ao contrario, festexámola á nosa maneira!

O xoves baixamos ata a Praza da Tenencia a Cantar os Reis. E, aínda que sabemos que temos que ensaiar moito máis, gustounos moito a experiencia, así que seguro que repetiremos o ano que vén!

O venres, pola súa parte, tivemos o noso tradicional Festival de Inverno cheo de música e baile, e tamén dalgunha outra obriña e poesía, ao que nos acompañaron ás familias e no que contamos con dúas visitas moi especiais, a da profe Ana e a de Papá Noel!

Unha vez máis dende o cole gustaríanos agradecervos a vosa compañía nestes momentos tan especiais para nós. 

E como dixo un dos nosos nenos, agardamos que desfrutarades tanto como nós preparándoo. 

Bo Nadal! Vémonos o ano que vén!

 

Pista de Xeo e visita ao museo e ao Mercado!

Velaquí vos deixamos algunhas fotiños da xornada de hoxe:

  • Visita e actividade en A Fundación sobre Marcelo Macías (nos que o alumnado descubriu, dunha forma amena e divertida aspectos diferentes sobre a vida deste arqueólogo, mestre, coleccionista de moedas...). 
  • Visita ao Mercado da cidade. 
  • Patinaxe na pista de xeo. 

Actividade micoloxía

O pasado venres, alumnado e profesorado, participamos nunha actividade sobre MICOLOXÍA que nos propuxo o Concello de Cenlle o curso pasado pero que, pola choiva, non poidemos facer antes. Consistía nunha exposición de setas diferentes e nun xogo de pistas con actividades sobre o entorno natural do alumnado en cada unha delas.

A través da actividade o noso alumnado descubriu a perigosidade dalgunhas setas, a importancia de asegurarse moi ben antes de coller unha e participaron en diferentes propostas a través das pistas que ían atopando nun xogo do tesouro: adiviñar a árbores, recoñecer os seus froitos... 

Velaquí vos deixamos algunhas fotiños!

 

Visitas que alegran o día!

Hoxe recibimos no cole esta marabillosa e musical visita! Podedes ver un anaquiño de vídeo no facebook do cole, clicando no seguinte enlace https://www.facebook.com/ceipcarmen.garciacarrasco.7 

Visitas así alegran o dia! Mil grazas de corazón!

Distribuir contido

Back to top