Iniciar sesión: Acceso

Educación infantil

Un pouquiño de Montessori

Nestas últimas semanas un chisquiño de Montessori chegou á aula de infantil da nosa escola a través da súa bandexa de madeira na que cada día aparece unha cousa nova (traspases con culler, pinzas, xarras, creacións e deseños con diferentes materiais...). Entre elas, unha das novidades na aula: unha mesa de luz coa que estamos comezando a experimentar pasiño a pasiño, que é como se fai o camiño!

Proxecto: A alimentación

Durante os meses de novembro e decembro o alumnado de Educación infantil, xunto co alumnado de primaria, estivemos traballando diversos aspectos relacionados coa alimentación. 

Velaquí vos deixamos algunhas das actividades que realizamos: recomendación de menús, semáforos dos alimentos, xogos diversos sobre a pirámide alimenticia, murais dos hábitos saudables... entre outras. 

 

Matemáticas viaxeiras e divertidas

Onte venres comezaron a viaxar ás casas das nosas familias de educación infantil diferentes bolsiñas con xogos de matemáticas divertidas (conteos, sumas, comparacións, atención...) cos que na aula xogamos un ratiño cada día. 

Esperamos que vos gusten tanto como nos gusta a nós enviárvolos. 

O Samaín

Así de ben o pasamos na festa do Samaín

Unha benvida especial

Comezamos este curso cunha festa de benvida moi especial e divertida.

A trazar!

A trazar!

Para trazar tan ben moito tivemos que practicar!

Distribuir contido

Back to top