Skip to Content

Complementarias

O sabor da aventura está no mar!

Este martes pasado desprazámonos ata Bueu para participar na actividade: "O sabor da aventura está no mar", dentro do Aliméntate ben. Alí visitamos o mercado, onde nos explicaron moitas cousiñas sobre os peixes e o marisco que descoñeciamos, achegámonos ata o porto para descubrir de primeira man algún dos útiles empregados na pesca e visitamos a lonxa onde nos explicaron como se subastaba o pescado. 

Rematamos a xornada cun estupendo xantar mariñeiro no que o peixe foi o protagonista. 

Na galería podedes ver máis fotiños.

25 de novembro. Dia Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

O pasado luns conmemoramos no cole o Día Contra a Violencia de Xénero. E para iso elaboramos un cartel entre todo o alumnado do cole, vimos vídeos relacionados e a partir deles elaboramos uns debuxos que logo foron proxectados no taboleiro dixital en 3D (tres dimensións) e traballamos sobre o conto "Vivan las uñas de colores" tras o que nos pintamos as uñas!

Educación sexual e saúde

Os pasados mércores, o alumnado maior do cole tivo a sorte de participar nunha iniciativa proposta por unhas estudantes do Grao en Educación Social que deseñaron e prepararon unha serie de actividades sobre "Sexualidade e saúde" para elas/es. 

Moitas grazas por todo, chicas!

SPORTUR

O pasado xoves 14 de novembro o noso alumnado maior do cole desprazouse ata Ourense para participar na actividade de Sportur, dentro do Plan Deportivo de Centros nos que competiron con outros nenos e nenas de colexios da contorna en diferentes modalidades. 

Velaquí e na nosa galería vos deixamos algunhas fotiños

Magosto 2019

O pasado venres celebramos o MAGOSTO no cole, no que non faltaron bolos preñados, xogos populares en equipos e en conxunto, fogueira, castañas e un xantar compartido no patio! Ademais, recibimos a visita de Telemiño que nos grabou unha reportaxe que compartiremos tan pronto a teñan subida na web! 

Ata o ano que vén, San Martiño!

Podedes ver moitas máis fotiños na galería da nosa web, fai clic AQUI

Samaín 2019

Onte mércores celebramos no cole o Samaín-Halloween! E para iso caracterizámonos, participamos nunha actividade audiovisual que nos preparou a profe Raquel, fixemos un obradoiro de manualidades coa profe Maite, entregamos os agasallos por participar e tamén ás gañadoras do Concurso de cabazas (que como sempre é o noso alumnado o que vota) e fomos polas casas do pobo a pedir... TRUCO OU TRATO acompañados dalgunhas familias. 

Así dá gusto festexar o Samaín! Ata o ano que vén, Samaín!

MAIS FOTOS

 

Charla sobre a Seguridade nas redes

Dentro do Plan director de Convivencia no que participamos xa o curso pasado, este ano continuamos no programa. Desta volta recibimos unha charla impartida pola Guardia Civil de tráfico sobre os perigos e a importancia da seguridade no uso das redes sociais e outros programas informáticos. 

Moitas grazas pola visita!

Semana do deporte e Semana do clima

A semana pasada conmemoramos no cole dúas cousiñas ben importantes. Por un lado, celebramos a Semana Europea do Deporte a través de xogos nos recreos (carreiras de relevos, deportes, xogos populares) e por outra banda acordámonos da importancia de coidar o noso planeta para o que nos unimos á iniciativa proposta para a semana que consistía en levar camiseta verde un día, preparar un cartel outro día, visionar un vídeo; entre outras. 

Aquí vos deixamos algunhas fotiños!

Festa de benvida

E como non podía ser doutro xeito, comezamos o curso cunha festa de Benvida que o Concello de Cenlle trouxo ao cole. Non faltaron colchonetas, tatuaxes e xogos! Así dá gusto comezar o cole!

Velaquí algunhas fotiños!

Fin de curso 2018/2019

E como non podía ser doutro xeito despedimos este curso 2018/2019 cunha animada festa de despedida na que non faltaron actuacións, arte, baile, música, movemento e, por suposto, graduacións! E algunha que outra lágrimiña!

Ademais, este ano foi algo máis especial, pois rematamos a xornada cunha xuntanza nas Termas de Barbantes, onde o alumnado desfrutou dun baño, unha merenda e un tempo para eles e elas. 

Repoñede ben as pilas que.. volvemos en setembro!

Distribuir contido


by Dr. Radut