Iniciar sesión: Acceso

Educación Física

Saída á NEVE!

As nenas e nenos maiores do cole están a pasar uns dias na neve e para iso tiveron que ir ata Manzaneda con outros nenos e nenas de Celanova e doutros centros desa zona. 

Mañá regresan ao cole e de seguro terán un montón de cousas que contarnos! Non obstante, e de momento, deixámosvos un pequeniño anticipo!

 

As Escolas da Milla

Durante este curso académico decidimos involucrarnos nunha proposta moi saudable que consiste en correr UNHA MILLA DIARIA. Non obstante, como aínda estamos comezando e como ben dixo Antonio Machado, "faise o camiño ao andar" polo que nestas primeiras semanas estamos a correr unha milla semanal, repartida entre todos os días da semana. Esperamos chegar a fin de curso correndo unha milla diaria. 

Podedes consultar máis información e fotos doutros participantes na páxina web http://www.escuelasdelamilla.es 

Aquí vos deixamos un pequeno adianto!

Distribuir contido

Back to top