Skip to Content

Participamos en...

Entroido 2024

Aqui tedes o video do ENTROIDO 2023, este ano o dedicamos ao noso proxecto

A VOLTA AO MUNDO

Festival de Nadal

Aqui tedes todos os vídeos do Festival de Nadal do 2023

 

Panxoliña Din Don Dan polo alumnado de Infantil

 

Baile tradicional de Rumania presentado polo alumnado de 1º e 2º de Primaria

 

Navidad navidad con flautas alumnado 4º 5º 6º de primaria

 

Cancions variadas en inglés polo alumnado de Infantil

 

"La Badoise" de Francia alumnado 4º 5º 6º de Pirmaria

 

Festival de Nadal bilingüe co alumnado de 1º e 2

 

Merry Christmas con María, Carmen, Carla e Valentina

 

Frozen representado polo alumnado de 4º 5º e 6º de primaria

Visita de Santa

E como cada ano recibimos a visita de Santa, os deixamos os videos do nenos de infantil, do alumnado de 1º e 2º e un video dos maiores do cole

 

 

Saída de Inverno

NA PISTA DE XEO DE OURENSE
Como cada ano este mércores vistamos á pista de xeo en Ourense... Os deixamos o vídeo, aínda que é algo longo pero entre tantas de risas, caídas e diversión foi complicado reducir a súa duración

PILABOT, Concurso de recollida de pilas e acumuladores en centros escolares

Concurso de recollida de pilas e

acumuladores en centros escolares

 

Este ano Volvemos a participar  no concurso PILABOT que desenvolverase no curso escolar 2023-2024, entre os meses de xaneiro e abril.

 

  NOTICIA DE PRENSA

 

Cenlle (Ourense), 7 de novembro de 2023.- A Xunta de Galicia, coa colaboración e apoio dos xestores de pilas autorizados en Galicia Ecopilas, ERP e Ecolec, impulsan un ano máis a campaña escolar Pilabot, unha iniciativa para promover a concienciación das novas xeracións sobre a reciclaxe e que terá como actividade principal un concurso de recollida de pilas, acumuladores e baterías usadas entre o alumnado de todos os colexios de primaria e secundaria participantes.

Durante unha visita ao CEIP Carmen García Carrasco, en Cenlle, un dos centros educativos que participou nas catro edicións anteriores, resultando gañador na categoría de quilos totais recollidos por alumno no curso 2022-2023, a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, subliñou que grazas ao esforzo realizado polos escolares dos 150 centros inscritos na pasada edición se reciclaron máis de 46 toneladas de pilas, un dos residuos domésticos máis perigosos e altamente contaminantes.

 

QUINTA EDICIÓN DO CONCURSO 

 

Esperamos contar coa vosa colaboración

 

Día da Discapacidade 2023

En colaboración coa Residencia de Santa Cruz, celebramos o Día da Discapacidade que se celebrou o pasado 3 de decembro do 2023

Dende a Residencia de Santa Cruz nos prepararon un vídeo e un cartel e dende o cole tamén fixemos o mesmo, os deixamos o vídeo que lles mandamos no que podedes ver toda a elaboración do noso cartel do Dia da Discapacidade.

 

Grazas por compartir o voso traballo cos nenos e nenas do cole!!!

Os primeiros días de cole

Pilabot

Pilabot

Halloween

Distribuir contido


by Dr. Radut