Skip to Content

Proxecto de fomento do uso do galego

Semana das letras galegas

Como sabedes, o día das Letras Galegas está ao caer e para conmemoralo deixámosvos as seguintes propostas!

1. Primavera das letras (con recursos, actividades, descargables...) facendo clic aquí https://primaveradasletras.gal/

2. Baía Edicións (con libros en galego que podedes descargar de forma gratuíta adaptados a diferentes idades) facendo clic aquí https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

3. Documento elaborado dende o cole onde atoparedes propostas de actividades para que nos enviedes, ademais de Escape rooms e vídeos relacionados co autor, entre outros. Fai clic aquí 

Samaín 2019

Onte mércores celebramos no cole o Samaín-Halloween! E para iso caracterizámonos, participamos nunha actividade audiovisual que nos preparou a profe Raquel, fixemos un obradoiro de manualidades coa profe Maite, entregamos os agasallos por participar e tamén ás gañadoras do Concurso de cabazas (que como sempre é o noso alumnado o que vota) e fomos polas casas do pobo a pedir... TRUCO OU TRATO acompañados dalgunhas familias. 

Así dá gusto festexar o Samaín! Ata o ano que vén, Samaín!

MAIS FOTOS

 

Semana da prensa

Con motivo da Conmemoración da Semana da Prensa, no cole de Cenlle estamos a elaborar entre todos un xornal!
Velaquí vos deixamos o enlace para que lle botedes unha ollada!!

https://www.flipsnack.com/ceipcenlle/new-flipbook.html

Tamén o podedes descargar en formato pdf no seguinte enlace.

Día de Rosalía

Ao longo desta semana celebramos o Día de Rosalía. E para iso realizamos diferentes actividades. 

Primeiro comezamos pensando como representar os versos do manifesto escollido este curso pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Cando o tivemos nas nosas cabezas, puxémonos mans á obra. Sacamos fotos dramatizando as situacións descritas e con elas elaboramos uns murais por grupos. Pero pese a ser diferentes, todos eles tiñan algo en común: Rosalía. Así, coloreamos a Rosalía e ao seu pensamento libre, en forma de bolboretas, mans, flores, música... 

Con estes cartaces fixemos unha manifesa-acción protesta que grabamos e montamos en vídeo, con todo o alumnado e profesorado do cole como participantes. 

Ademais, elaboramos uns dípticos sobre Rosalía, que incluían a súa biografía e o seu retrato, así como un dos seus poemas en galego que cada neno e nena ilustrou á sua maneira. 

Aquí vos deixamos unhas fotiños. Para poder ver o video, este é o enlace: https://www.facebook.com/ceipcarmen.garciacarrasco.7 

Xogos populares

O venres 1 de febreiro tivemos a sorte de aprender con Lito e Jorge diferentes enredos (entre eles algún musical) da nosa cultura. Foi unha sesión do máis proveitosa. Velaí vos deixamos algunhas fotiños. 

Pola súa parte, o venres 8 de febreiro, volvemos a participar nunha nova xornada de Xogos Populares, desta volta tocoulle a quenda a Rá e mais á chave!

Charla sobre a ALIMENTACIÓN

Hoxe no cole participamos nunha actividade especialmente relacionada coa alimentación e os hábitos de vida saudables ofertada pola Sociedade Galega de Consumo, dentro do programa Cores. 

Así, o alumnado máis pequeno do cole recordou a clasificación dos alimentos na pirámide da alimentación que xa tiñamos traballado na clase en días pasados. Pola súa parte, os/as máis maiores traballaron sobre a etiquetaxe dos alimentos

Aquí vos deixamos algunhas fotiñas. 

Distribuir contido


by Dr. Radut