Skip to Content

Secretaria

Adaptación á situación COVID 19 no curso 2020/2021

Estimadas familias, neste apartado podedes consultar os documentos elaborados dende o centro para a adaptación á situación derivada do COVID 19 para o curso 2020/2021. Iranse actualizando e modificando en función das novas instruccións e/ou protocolo que vaian xurdindo.

Podedes ollar os documentos clicando nos seguintes elementos subliñados ou ben descargándoos como anexos. 

- Plan de adaptación á situación COVID no curso 2020/2021 (que inclúe o "Plan de acollida" e o "Plan de continxencia".

- Guía para as familias

Solicitude fondo libros, adqusición libros de texto e material escolar

Estimadas familias,

hoxe comeza o prazo para a solicitude de fondo de libros de texto (4º, 5º e 6º de primaria), axudas de libros (1º e 2º primaria) e axudas material escolar (todos os cursos de primaria). Podedes consultar máis información na orde que o regula e na aplicación de fondolibros

O PRAZO REMATA O 19 DE XUÑO

 

Como en anos anteriores, podedes tramitar a solicitude de dúas formas posibles:

1. De forma telemática, a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, procedemento ED330B.

2. De forma presencial no centro educativo. Para isto teredes que traer a seguinte documentación:

      - Anexo I (solicitude) e Anexo II (comprobación membros computables da unidade familiar) correctamente cubertos e asinados. Podedes descargalos aquí ou ben solicitalos e recollelos impresos no colexio.

     - Libro de familia, no centro faremos a copia para facilitarvos o traballo.

     - Outra documentación no caso de discapacidade, violencia de xénero... que podedes consultar aquí ou descargar no arquivo adxunto.

Para o cálculo da renda per cápita (co fin de facervos unha idea da axuda) podedes informarvos clicando aquí ou no arquivo adxunto.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE: para a recollida dos anexos impresos así como para a entrega das solicitudes presenciais o centro estará aberto martes e xoves en horario de mañá. Non obstante, se alguén non puidera podemos adaptar algún día. En calquera caso agradecemos nos comuniquedes que vindes con anterioridade ao meu teléfono persoal, ao do colexio ou ao correo do centro, indicándonos o día e a hora aproximada, co fin de evitar aglomeracións dentro do centro educativo. 

O alumnado de 6º de primaria que pase para 1º da ESO deberá entregar o impreso no IES. Non obstante, dende o cole se queredes facilitámosvos o impreso.

 

 

Restablecemento do prazo de presentación de solicitudes de ADMISIÓN 2020- 2021

De acordo coa Resolución da Consellería de Educación do 7 de maio de 2020 (que podes consultar aquí) reábrese o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o curso 2020-202.

O alumnado que xa está escolarizado no centro non precisa facer a solicitude, xa que a súa matriculación é automática. Máis información clicando aquí.  

Prazo de SOLICITUDES

Do 11 ao 18 de maio

Entrega de documentación (no caso de ter que baremar)

Ata o 26 de maio de 2020

Publicación das LISTAS PROVISIONAIS no interior do centro educativo

8 de xuño de 2020

 

Prazo de reclamación

9, 10 e 11 de xuño de 2020

 

Publicación das LISTAS DEFINITIVAS no interior do centro educativo

26 de xuño de 2020

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA (tanto para infantil, primaria como ESO)

1 ao 10 de xullo de 2020

Calquera dúbida, poden poñerse en contacto con nós no teléfono 988404056. 

Axudas comedor escolar COVID 19, Consellería

Aquí vos deixo a publicación do DOG sobre as axudas de comedores escolares para a compensación económica de custo diario do menú por comensal polos días lectivos de suspensión do mesmo como consecuencia das medidas adoptada polo COVID-19.

INFORMACIÓN sobre o procedemento

Distribuir contido


by Dr. Radut