Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2024

Extraescolares e complementarias

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO,24 DE FEBREIRO

A AELG propón a elaboración e envío dunha postal cun deseño alusivo ao DÍA DE ROSALÍA,e cun verso ou estrofa que actúe de estímulo creativo para que rapaces e rapazas realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro.

Convidamos a que este traballo se realice na semana previa ao 24 de febreiro,para que ese día concreto se proceda desde os centros a un envío das postais aos enderezos das familias do alumnado,como agasallo rosaliano personalizado pola rapazada.

Como texto propoñemos a seguinte estrofa de " Alborada",tamén de Cantares gallegos:

 

Canta,paxariño alegre,

Canta!

Canta porque o millo medre,

Canta!

Canta porque a luz te escoite,

Canta!

Canta que fuxe a noite.

Na escola traballouse nesta tema dende os diferentes cursos...

Aquí temos o traballo dos nenos de infantil de 5 anos

 

 

 

 

VISITA AO AUDITORIO E A DEPURADORA

O dia 12 de febreiro os nenos de 3º foron de visita á depuradora de augas residuais en Reza e os alumnos de 4º foron a ETAP ( estación de tratamento de augas potables) en Coiñás.

Máis tarde acudiron ao Auditorio ao concerto didáctico "Cousas de catro"

 

 

 

Entroido 2016

Comunícase á comunidade escolar que os alumnos e alumnas do CEIP Carlos Casares, xunto co seu profesorado e pais e nais colaboradoras, participarán no desfile infantil programado para o venres, 5 de febreiro.

Compartiremos o comezo aos grandes días do Entroido con máis de 1600 nenos e nenas do CEIP Rosalía de Castro, CEIPs e escolas infantís da comarca e os IES de Xinzo de Limia.

Estades convidados/as a gozar co desfile a partir das 11:00 horas.

 

Lémbrase que os dias 8, 9 e 10 de febreiro son días non lectivos correspondentes á festividade do Entroido.

Antes do desfile sacamos unhas fotos dos nenos para que queden de recordo...Esperemos que vos gusten

 

O enterro da Sardiña puxo fin ós días grandes do Entroido no noso cole e os nenos de Infantil de catro anos choraron a despedia do Entroido.A sardiña enlatada atravesou o patio e foi enterrda... 

 

VISITA AO MUSEO DE XINZO DE LIMIA

Os nenos de catro anos de infantil foron de visita o recentemente inaugurado Museo do Entroido de Xinzo de Limia.

É un museo único xa que alberga unha amplia mostra dos entroidos de Galicia.

 

CONCURSO DE FOTOGRAFIA DO ENTROIDO

O ENDL do CEIP Carlos Casares convoca o 1º concurso de fotografía do Entroido da Limia. 

   

VISITA AO AUDITORIO DE OURENSE

Os nenos de 4º,5º e 6º de Primaria foron ao Auditorio de Ourense para ver a obra de teatro titulada "Alice in Wonderland"

Disfrutaron moito con ela e resoultou moi amena.

 

Aquí vos deixo as actividades didácticas

 

Preparativos día da Paz

Escollemos a canción: “Que vivan a paz e o amor!”. A canción e letra está dispoñible para o seu ensaio.

Preme aqui para escoitar o audio e baixa o documento coa letra.

Actividades TIC sobre os dereitos dos nenos e nenas. Preme nas imaxes:

  

Actividade de preguntas e respostas sobre o Día da Paz, preme na imaxe:

 

 

 

As súas maxestades os Reis Magos chegaron ao CEIP Carlos Casares

Antes do remate das clases, os Reis Magos visitaron o colexio o luns, día 14 de febreiro, a partir das 12:00. Os nenos e nenas de infantil e 1º e 2º foron recibidos por eles con moito cariño para escoitar os seus desexos.

Se queredes ver máis fotos sobre a súa visita, ide ao blog de infantil

Exploramos na biblioteca

En outubro estivemos a traballar na biblioteca personaxes da historia que descubriron mundos e cousas máis aló de onde eles ou elas vivían. 

Libro+obra=boa combinación para 3º e 4º

A volta da longa ponte, o mércores 9, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de educación primaria, xunto cos compañeiros e compañeiras do CEP Rosalía de Castro disfrutaron da obra "O Espantallo amigo" de Xosé Neira Vilas na Casa da Cultura de Xinzo.

Antes de ver a representación, a lectura do libro acompañou o tempo de ler dos rapaces.

"Hai homes coma espantallos e espantallos coma homes. O protagonista desta obra ten un corazón de pexego, morno e bo coma os seus feitos"

Distribuir contido


by Dr. Radut