Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2024

Extraescolares e complementarias

VISITA AO MUSEO DO ENTROIDO DE XINZO DE LIMIA

Os nenos de 4º e 5º de primaria foron de visita ao Museo do Entroido de Xinzo de Limia onde foron recibidos e levador a dúas salas diferentes nas que lles falaron de temas relacionados co noso Entroido.

Na primeira sala estiverónlles explicando en que consistía o Entroido,os catro domingos ,máis o enterro da sardiña e o domingo de Piñata.

Tamén viron moitas elementos relacionados co Entorido coma farelos,olas...así como máscaras representativas de diferetes lugares coma: Maceda,Verín,Eiroás,Viana do Bolo,Muiños,Baltar,Laza,Pontevedra...

DIA DA PAZ

Plan de actividades para a celebración do día da Paz,30/01/2017

-Serpe da Paz de nenos/as.

   .Previo o día da Paz:

          - Marcarase o camiño da serpe para a colocación dos nenos/as.

          - Reparto de globos.

  . Os nenos/as baixarán cun globo,inflado,ao patio.

  . Formaremos a serpe da Paz en parellas,na cola os de 6º e na cabeceira os de 4º de infantil.Os grupos iranse colocando ata a cabeceira,acompañados dos titores/as

e profesorado de apoio.

  . Unha vez colocados,formaremos a frase da paz.Cada palabra rotará de neno a neno,desde a cola á cabeza para a súa pegado no muro traseiro( Arco da Vella)

  . Cando se remate,uns nenos/as lerán a frase nos distiotos idiomas por megafonía e faremos a foto grupal co movemento dos globos.

  . Para rematar,bailaremos a seguinte coreografía DANZA DA PAZ DE MAMÁ CABRA

 

  . O lema do arco da vella é o seguinte:

No hay caminos para la Paz,la Paz es el camino

-Tamén se fixeron paraugas da PAZ

 RECURSOS TIC PARA A PAZ: http://www.symbaloo.com/mix/recursospaz

 

VISITA Ó CENTRO DE DÍA

 
 O pasado venres os mandilóns AZUIS e VERMELLOS vivimos unha gratificante experiencia educativa con finalidade social, aliviar a soedade dos nosos maiores. Visitamos o CENTRO DE DÍA de XINZO e compartimos PANXOLIÑAS, CONVERSAS , CANCIÓNS E  EMOCIÓNS  cos maiores e co persoal do CENTRO DE DÍA . Ademáis agasallámolos co BELÉN de cucharas de madeira que as familias dos nosos peques fixeron no curso 2014-2015, BELÉN que montamos entre tod@s .Tamén levamos para eles as MAGDALENAS e GALLETAS que elaboraron os peques na escola. Os avós e avoas do CENTRO DE DÍA e o persoal despedíronnos cun aplauso moi forte e un agasallo para cada un...Os peques estaban felices e moi a gusto de pasar un ratiño con eles!!!

 

FESTIVAL DE NADAL

 

FESTIVAL DE NADAL

Os días 20 e 21 de decembro celebramos os Festivais de Nadal.

Igual que en anos anteriores realizaremos os festivais de Nadal en 2 días consecutivos.

19 de decembro : Visita dos Reis

20 de decembro: Festival para nais, pais ou representantes legais.

21 de decembro: Festival para o alumnado

EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA. PROGRAMA

 

`Ponte no meu lugar´. Día internacional das persoas con discapacidade

Alumnado e profesorado de 6º de educación primaria disfrutamos coa I Xornada de sensibilización  `Ponte no meu lugar´ organizada polas asociacións Algaria, Discafis-COGAMI e LIMISI coa finalidade de darlle visibilidade ás dificultades de integración que se lle presentan na sociedade ás persoas con discapacidade.

Obxectivos:

  • sensibilizar e dar a coñecer aos rapaces o mundo da discapacidade
  • ofrecer a oportunidade de experimentar na súa propia pel os problemas cos que se atopan as persoas con discapacidade física, intelectual ou sensorial no día a día, co obxectivo de que tomen conciencia das barreiras que a nosa sociedade lles pon a este sector da poboación para desenvolverse en igualdade de oportunidades en todos os ámbitos (educativo, laboral…), e para sensibilizalos e formalos no respecto á diversidade

Teatro "O secuestro da secretaria"

O 7 de decembro ímos ao teatro "O secuestro da secretaria" Grupo Sarabela, acrtividade promovida polo Concello de Xinzo de Limia.

Grupos de 1º,2º e 3º de educación primaria.Sorriso

 

"DE FÁBULA" NO AUDITORIO DE OURENSE

Os nenos de 1º e 2º foron hoxe ao Auditorio de Ourense a disfrutar dunha sesión de títeres titulada "De Fábula"

A nosa protagonista, Bulebule, xa ten idade para deixar a casa de seus pais. O monte agárdaa cheo de riscos, mais ela irá aprendendo a superar as dificultades. Descubrirá que, empregando a intelixencia, será capaz de dobregar a brutalidade do Lobo e o egoísmo do Teixo. 
As aventuras de Bulebule teñen como escenario un suxestivo bosque feito con tecidos de refugallo. A luz vainos revelando os seus recunchos máis sorprendentes mentres a música orixinal contribúe, tanto a crear a maxia dese ambiente singular como a reforzar a expresividade dos personaxes. 

25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero

Participamos en colaboración co Concello e outras escolas nun manifesto contra a violencia de xénero. Ás 11.00 na Praza de Carlos Casares.

Dentro do marco destas actividades, o 26 sábado celebrarase un partido mixto CONTRA A en prol da igualdade.

Animádevos a apoiar estas iniciativas!

VIOLENCIA DE XÉNERO on PhotoPeach

Convivencia e seguridade.Plan Director

Incluidos no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridad nos Centros Educativos, que ten como principal obxectivo:

RESPONDER de xeito coordinado  e eficaz ás cuestións relacionadas coa seguridade de menores e xoves nos centros escolares e o seu contorno.

Desenvolveremos no centro un obradoiro, coa TEMÁTICA NOVAS TECNOLOXÍAS E ACOSO ESCOLAR:

Dirixido ao alumnado de 5º e 6º de EP

Lugar e data: biblioteca, 9 de novembro ás 10.30h.

EXPOSICIÓN DE MANUALIDADES FEITAS CON MILLO

Este ano no colexio con motivo do Samaín/Halloween vaise celebrar no cole unha exposición de manualidades terroríficas feitas con mazorcas de millo.

Aquelas familia que queiran participar deben elaborar cos seus fillos/as dita manualidade e levala o cole.O prazo para traela remata o mércores 26 de outubro.

Distribuir contido


by Dr. Radut