Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2022

1. CALENDARIO E PRAZOS

  • RESERVA DE PRAZA. 11 DE XANEIRO AO 8 DE FEBREIRO. Reserva de praza para o alumnado de 6º de EP do noso centro que desexe ser adscrito ao IES Cidade de Antioquía.
  •  
  • VACANTES. ANTES DO 1 DE MARZO. Publicación das vacantes que hai no centro
  • SOLICITUDES DE ADMISIÓN. 1 a 22 de MARZO. Presentación de solicitudes.
    • DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA. 10 DÍAS HÁBILES a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo de solicitudes. 
  • LISTAXES PROVISIONAIS. ANTES DO 25 DE ABRIL. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (pódese reclamar do 25 de abril ao 4 de maio)
  • LISTAXES DEFINITIVAS. ANTES DO 15 DE MAIO. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido (contra esta publicación cabe recurso de alzada perante a Xefatura Territorial no prazo de un mes).
  • MATRÍCULA. DO 20 AO 30 DE XUÑO. Formalización da matrícula dos alumnos/as admitidos.

2.INFORMACIÓN XERAL

 

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, comunicase o seguinte:

  • alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos no artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.
  • Reserva de praza para o alumnado de 6º de EP do noso centro que desexe ser adscrito ao IES Cidade de Antioquía. ANEXO I (ED550A). 
    • O alumnado de 6º de Primaria que pretenda continuar estudos no instituto adscrito a este centro, IES Cidade de Antioquía, deberá presentar na Secretaría do CEIP Carlos Casares ou a través da aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A). No caso de realizar a solicitude a través da aplicación deberá presentarse o código da solicitude e o DNI do representante do alumno/a neste centro ou imprimir o documento que xere a aplicación.

* Os alumnos e alumnas que non vaian continuar os seus estudos de secundaria no centro adscrito (IES Cidade de Antioquía), terán que presentar solicitude de admisión no centro que desexen do 1 ao 20 de marzo.

  • Solicitude de admisión. O alumnado matriculado nun centro docente que desexe cambiar a outro centro, o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición cando o número de prazas dispoñibles sexa inferior á demanda, e o alumnado que solicite posto escolar por primeira vez, presentará a solicitude mediante o ANEXO II xunto coa documentación solicitada polo centro.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Cada alumna e alumno só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle, sendo nulas todas as solicitudes que se presenten en dous ou máis centros.

O alumnado xa matriculado ten garantía de permanencia no centro. No caso de presentar unha solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, no centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 A solicitude deberá ser asinada pola proxenitora, proxenitor ou representantes legais do alumnado. No caso de separación ou divorcio, os dous proxenitores ou titores asinarán a presente solicitude, agás que aquel que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que se presentará coa solicitude para a súa comprobación polo centro educativo. 

As familias poderán consultar o estado de trami­tación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

As solicitudes de admisión, presentaranse mediante o anexo II :

    • De forma presencial no centro docente.
    • A través da aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). No caso de realizar a solicitude a través da aplicación deberá presentarse o código da solicitude e o DNI do representante do alumno/a neste centro ou imprimir o documento que xere a aplicación.

 

  • Formalización de matrícula. Unha vez admitido, formalizar a matrícula mediante o ANEXO III-1 xunto co resto de documentación solicitado polo centro.
  • Documentación solicitada polo centro:

                                                                                    

Punto complementaria en caso de desempate

 

Ver calendario do proceso e prazos.

Aquí poden descargarse os formularios de solicitudes e a normativa aplicable:

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS 

  • TRANSPORTE
  • COMEDOR
  • ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (ANPA)

Para calquera consulta póñanse en contacto coa secretaria do centro.

 

3.PLAZAS VACANTES

 

NIVEL VACANTES RESERVA*
4º EI (3 ANOS)  44  6
5º EI (4 ANOS)  7  
6º EI (5 ANOS)  12  
1º EP  13  
2º EP  Preguntar en Secretaría  
3º EP  9  
4º EP  7  
5º EP  4  
6º EP  8  

 

 
What do you want to do ?

New mail

 
What do you want to do ?

New mail



page | by Dr. Radut