Skip to Content

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

PROGRAMACIÓN E PUBLICACIÓN DE CANDIDATOS ELECTOS

SECTOR DE REPRESENTACIÓNDOS PAIS/NAIS/REPRESENTANTES LEGAIS

 

ÁLVAREZ BOO,MILAGROS

GONZÁLEZ FERNÁNDEZ,MANUELA

FREIRÍA AGUIAR,Mª JOSÉ

 

SECTOR DE REPRESENTACIÓN DO PROFESORADO

 

 SOTO RODRÍGUEZ,LORENA

CORRALES VALENCIA,MÓNICA

 

CENSO DO SECTOR DE REPRESENTACIÓN DO PROFESORADO

CENSO DO SECTOR DE REPRESENTACIÓN DOS PAIS/NAIS/REPRESENTANTES LEGAIS

CIRCULAR III PARA ÁS FAMILIAS SOBRE A RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR DE CENTRO.

CIRCULAR II PARA ÁS FAMILIAS SOBRE A RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR DE CENTRO.

COMUNÍCASE a admisión,proclamación e publicación de candidaturas do sector de pais/nais ou representantes legais:

          . MILAGROS ÁLVAREZ BOO

          . MANUELA GONZÁLEZ FERNÁNDEZ

          . ROSA Mª SÁNCHEZ FEIJOÓ

Proposta da ANPA de representante dos pais/nais ou titores legais dos alumnos/as:

          . FREIRÍA AGUIAR,Mª JOSÉ

Lémbrase que:

          1. A renovación de 2 representantes dos pais/nais ou titores legais dos alumnos/as.

          2. 26 de novembro( luns) : Votación dos pais,nais e titores legais,dende as 09:15-10:15h,13:30-14:30h e de 15:30 a 17:00h para elixir os/as seus/súas representates no consello escolar.

 

     Xinzo de Limia,9 de novembro de 2018

     A presidenta da Xunta electoral,

     Asdo: Milagros Lozano Fernández

XUNTA ELECTORAL

9 de novembro de 2018,luns:

 . Admisión,proclamación e publicación de candidaturas e aprobación de censos electorais

 . Sorteo público para designar catro pais/nais ou titores legais que constituirán,xunto coa directora do centro,a mesa electoral para a votación do/da representante de pais/nais ou titores legais no Consello Escolar,asi como os seus/súas suplentes.

 

ACTA DE CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

CENSO DO SECTOR DE REPRESENTACIÓN DO PROFESORADO

CENSO DO SECTOR DE REPRESENTACIÓN DOS PAIS/NAIS/REPRESENTANTES LEGAIS

COMUNÍCASE

  • PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS:
      • Do 16 ao 26 de outubro(ambos inclusive)
      • Modelos de solicitude para presentarse á elección estarán a disposición dos candidatos/as  na secretaría do centro

11 DE OUTUBRO DE 2018,XOVES:

  • Sorteo público, ás 11:45 h, para a designación dos membros da Xunta Electoral.
    • Un/unha representante dos pais/nais ou titores legais.
    • Un/unha representante do profesorado.
    • Un/unha representante do persoal de administración e servizos.

 

¿QUE É O CONSELLO ESCOLAR?

O Consello Escolar do centro é o órgano a través do cal participan os distintos membros da comunidade escolar na organización do Centro.

II.- ¿QUEN COMPÓN O CONSELLO ESCOLAR DO CEIP CARLOS CASARES?

­ A directora, que é a súa presidenta.

­ A xefa de estudos.

­ Cinco profesores/as elixidos/as polo Claustro.

­ Cinco representantes dos pais/nais ou titores legais dos/as alumnos/as (un/unha deles/as proposto/a pola ANPA).

­ Un/unha representante do persoal de administración e servizos.

­ Un/unha concelleiro/a ou representante do Concello de Xinzo de Limia.

­ A secretaria do centro, que actuará como secretaria do consello.

III.- MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR QUE CORRESPONDE RENOVAR:

­ Dous profesores/as, elixidos polo claustro.

­ Dous representantes dos pais/nais ou titores legais dos alumnos/as.

­ Un/unha representante dos pais/nais ou titores legais dos alumnos/as proposto/a pola ANPA.

­ Un concelleiro/a ou representante do concello.

IV.- ¿CALES SON AS COMPETENCIAS DO CONSELLO ESCOLAR?

 

Art. 127 da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE): Lei 8/2013 de 9 de decembro (BOE do 10)

 

a. Avaliar os proxectos e normas aos que se refire o Capítulo II do Título V da LOMCE

 

b. Avaliar a programación xeral anual do centro, sen prexuízo das competencias do Claustro do profesorado, en relación coa planificación e organización docente.

 

c. Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.

 

d. Participar na selección do director/-a do centro nos termos que a LOMCE establece: Ser informado do nomeamento e cese dos demais membros do equipo directivo. No seu caso, previo acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propoñer a revogación do nomeamento do/-a director/-a. 

 

e. Informar sobre a admisión de alumnos/-as, segundo o establecido na LOMCE e as disposicións que a desenvolvan.

 

f. Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar porque se ateñan á normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo director/-a correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia de pais, nais ou titores legais, poderá revisar a decisión adoptada e propoñer, de ser o caso, as medidas oportunas.

 

g. Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres, a igualdade de trato e a non discriminación polas causas a que se refire o art. 84.3 da LOMCE, a resolución pacífica de conflitos, e a prevención da violencia de xénero.

 

h. Promover a conservación e renovación das instalacións e do equipo escolar e informar a obtención de recursos complementarios, de acordo co establecido no art. 122.3

 

i. Informar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas Administracións locais, con outros centros, entidades e organismos.

 

j. Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.

 

k. Elaborar propostas e informes, a iniciativa propia ou a petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como aqueloutros aspectos relacionados coa calidade da mesma.

 

l. Calquera outras que lle sexan atribuídas pola Administración educativa.

j. Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.

 

k. Elaborar propostas e informes, a iniciativa propia ou a petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como aqueloutros aspectos relacionados coa calidade da mesma.

 

l. Calquera outras que lle sexan atribuídas pola Administración educativa.

­ Un concelleiro/a ou representante do concello.

AdxuntoTamaño
circular familias consello escolar.pdf394.14 KB


page | by Dr. Radut