Skip to Content

logos á dereita

Novidades

Festival Fin de Curso

Adxuntamos o programa do Festival de Fin de Curso.

 

 

Informacións varias

Publicamos nota informativa con varios avisos de cara a final de curso.

 

Reunión informativa coas familias de nova incorporación ao centro.

 

EDUCACIÓN INFANTIL

REUNIÓN INFORMATIVA

COAS FAMILIAS DE NOVA INCORPORACIÓN

 

O vindeiro xoves 13 de xuño ás 19:30 h terá lugar no edificio Uceira unha reunión informativa do equipo de Educación Infantil coas familias das alumnas e alumnos que comezan a súa escolaridade no curso 2019/20.

 

LUGAR: EDIFICIO UCEIRA

DATA: XOVES 13 DE XUÑO

HORA: 19:30

 

 

 

 

Revista escolar 2019

 

Avaliación individualizada de 3º curso e avaliación final de educación primaria.

No DOG do venres, 3 de maio de 2019, publícanse as resolucións polas que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de ed. primaria e para o desenvolvemento da avaliación final (6º curso) de ed. primaria.

 

INFORMACIÓN

A aplicaición de ámbalas dúas probas realizaranse os días 28 e 29 de maio de 2019.

Fondo Libros 2019

Xa está aberta a convocatoria do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2019/2020. A solicitude poderase facer por vía electrónica ou presencial.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación da orde  no Diario Oficial de Galicia, (DOG luns, 20 de maio), e rematará o día 21 de xuño de 2019 (este incluído).

LIGAZÓN Á APLICACIÓN DE FONDO LIBROS

 

A DEVOLUCIÓN dos libros do Fondo Solidario de Libros de texto deste curso 2018-19, deberase facer polas familias na SECRETARÍA do centro nas seguintes datas:

  • Día 17 de xuño, 3º curso de Ed. Primaria.
  • Día 18 de xuño, 4º curso.
  • Día 19 de xuño, 5º curso.
  • Día 20 de xuño, 6º curso.

Listaxe provisional de admitidos para o curso 2019-2020

Facemos pública a listaxe provisional de admitidos no noso centro, para o curso 2019-2020.

 

 

Agradecemento

 

Dende o centro queremos agradecer a todas as familias a participación na votación celebrada onte, día 23 de xaneiro, na que por primeira vez, e despois de doce anos de loita, se nos permitíu á comunidade educativa votar para decidir o noso horario.

 

Levábamos moitos anos solicitando a XORNADA ÚNICA, pedindo que nos deixaran chegar á votación, pero, como sabedes a maioría, era necesario ter antes o informe favorable da viabilidade do transporte escolar. Este informe, foi, ano tras ano, un muro infranqueable, sempre desfavorable e sempre un impedimento que non nos permitía avanzar hacia ás votacións das familias.

 

Asegurámosvos que nunca estivemos quietos, profesorado, familias, anpa, ... a presión á Administración para conseguila foi constante. Atrás quedan doce anos de reunións co delegado de educación, coas xefas territoriais, manifestacións polo pobo e diante da Consellería, pancartas, escritos ás administracións competentes na materia, escritos á prensa, incluso folga de alumnos/as, ... A todas estas actuacións fóstesvos incorporando ás familias novas que ano tras ano pasástedes a formar parte da comunidade educativa do Ceip Plurilingüe Calvo Sotelo, e cada unha foi facendo seu, o problema dun horario nada axeitado.

 

Todo foi inútil, ata o mes de novembro pasado. Dende a Consellería comunícábannos, que a principios de ano, se ían revisar os contratos de transporte. Así que chegaba o momento "AGORA OU NUNCA".

 

E todos e todas estivestes ahí, contestando á enquisa previa que nos obrigaron a facer para ter unha idea do que as familias querían respecto ao horario. O sentir maioritario, máis dun 75% do censo, foi favorable á xornada única.

 

Con istes resultados, xa puidemos avanzar, solicitar de novo ese famoso informe favorable de transporte, e, ..., por fin, chegou á autorización para proceder ás votacións oficiais. Fixéronse e non vos descoidástedes. O resultado foi aplastante.

 

VOTOS EMITIDOS: 382

VOTOS FAVORABLES Á XORNADA ÚNICA: 353

VOTOS EN CONTRA: 28

VOTOS NULOS:1

 

Cando só necesitábamos un 58% do voto favorable das familias, nós tivemos o 78,1%.

 

A Consellería xa non ten que ter dúbidas do que queremos, demostrámosllo. O esforzo de todos e todas, pais, nais, profesores, profesoras, incluidos os que xa non están no cole, que sempre nos seguistes apoiando, fixérono posible.

 

GRAZAS A TODOS E TODAS!

 

O noso traballo está feito. Agora só falta a confirmación oficial para poder disfrutar dunha...

 

XORNADA ÚNICA DE MAÑÁ

 

MOI IMPORTANTE: XORNADA ÚNICA

MOI IMPORTANTE!

XORNADA ÚNICA

 

Benqueridas familias:

 

Despois da sondaxe sobre a xornada única que tivemos no mes de decembro, no que maioritariamente as familias decidistes a favor de implantala no centro, estamos nun momento decisivo para conseguila.

 

Convocámosvos a todos á VOTACIÓN OFICIAL que se levará a cabo o mércores día 23 de xaneiro no edificio Uceira en horario de 10:30 a 20:00 horas. UN VOTO POR FAMILIA.

 

Queremos recordarvos a importancia de que veñades a votar para conseguir aquilo polo que tanto tempo levamos loitando.

 

A xornada única supón os seguintes cambios para o centro:

 

  1. Horario lectivo: Será de 9:00 a 14:00 horas.

  2. Comedor: En horario de 14:00 a 15:00 horas.

  3. Esta xornada implica unha serie de Actividades Extraescolares voluntarias que se realizarán no centro polas tarde en horario de 15:00 a 17:00 horas.

 

En canto ás ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, informámosvos de varios aspectos:

 

  1. As familias decidirán voluntariamente a que actividades extraescolares asistirán os seus fillos/as, de entre todas as ofertadas.

  2. Durante o horario de actividades, a biblioteca do centro permanecerá aberta e atendida por un profesor/a, para todo aquel alumnado que queira ou necesite utilizala. Isto facilita a libre elección de actividades xa que os alumnos/as poden permanecer nela de 15:00 a 17:00 horas, sendo totalmente gratuita.

  3. As actividades programaranse en función da demanda e interese das familias.

 

Para aclarar as posibles dúbidas, mañá martes día 22 de xaneiro ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Uceira, celebraremos unha REUNIÓN INFORMATIVA para todas as familias que queiran asistir.

 

NOTA: O censo de familias está a disposición de quen queira consultalo no taboleiro da secretaría do centro, edificio Uceira.

Resultado enquisa sobre o horario do Centro

Hoxe día 10 de decembro, realizouse o reconto da enquisa sobre o HORARIO DO CENTRO. O resultado foi o seguinte:

  • XORNADA CONTINUA: 340 familias
  • MODIFICACIÓN DE HORARIO: 30 familias
  • HORARIO ACTUAL: 54 familias
  • ENQUISAS EN BLANCO: 2
  • ENQUISAS NULAS: 5

TOTAL DE ENQUISAS RECOLLIDAS: 431

 

Sobre o total de familias do centro (451 familias), o resultado sería o seguinte:

  1. XORNADA CONTINUA: 75,39%
  2. HORARIO ACTUAL: 11,97
  3. CAMBIO DE HORARIO: 6,65%
  4. NULOS: 1,11%
  5. EN BLANCO: 0,44%
  6. ABSTENCIÓN: 4,43%

ELECCIÓN MAIORITARIA: XORNADA ÚNICA

Distribuir contido


by Dr. Radut