Skip to Content

logos á dereita

Novidades

TESTS DE ANTÍXENOS

INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

Desde o Sergas infórmannos de que rematou o

prazo para a reposición dos tests rápidos de

antíxenos en saliva para os Centros de

Educación Primaria, polo que cando rematemos

os poucos test dos que dispoñemos no centro

non poderemos continuar coas entregas.

 

 

FELICES FESTAS!!!

Desde o CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo desexámosvos unhas Felices Festas e un 2022 cheo de saúde e ilusión.


VAMOS, VERDES!!!!!!!!

LINGUA DE SIGNOS

ONTE O ALUMNADO DE SEGUNDO NIVEL GOZOU DUNHA ACTIVIDADE MOI ESPECIAL.

GRAZAS UXÍA POR ACHEGARNOS Á LSE.

 

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

 

Aberto o prazo para representantes dos pais/nais/titores legais e para representantes do profesorado desde o día 4 ao día 12 de novembro de 2021, ambos incluídos.

O censo está publicado no edificio da Uceira, comprobade que aparezades e estean ben os vosos datos. Podedes reclamar ao censo desde o día 8 de novembro ás 09:00 horas ata as 13:00 h do día 10 de novembro.

A listaxe provisional de candidaturas publicarase o día 15 de novembro, e haberá dous días (16 e 17 de novembro) para reclamar.

A listaxe definitiva de candidaturas publicarase o día 18 de novembro.

As eleccións para os representantes do profesorado serán o día 23 de novembro ás

16:00 h en claustro extraordinario.

As eleccións para os representantes dos pais/nais/titores legais terán lugar o día 25 de novembro en horario de mañá de 08:00 a 11:00 h , e en horario de tarde de 15:00 a 18:00h.

A solicitude de candidatura pódese recoller en conserxería da Uceira, e presentarase acompañada dunha fotocopia do DNI.

Un saúdo.

O Equipo Directivo

Halloween-Samaín

ESTIMADAS FAMILIAS: DEIXAMOS UN PAR DE VÍDEOS SOBRE O HALLOWEEN-SAMAÍN NO COLE!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut