Skip to Content

logos á dereita

Novidades

INFORMACIÓN IMPORTANTE

 Estimadas familias:

As listaxes de alumnos de 1º, 3º e 5º publicaranse no taboleiro da entrada o martes día 6.

Lembramos que o reparto de fondolibros se realizará ao longo de setembro. 

As clases comezarán o día 8 de setembro.

Se queres acceder á orde do calendario escolar pincha aquí.

 

 

ABERTO PRAZO FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

ANEXO III-1

Presentaredes ademais documentación relativa a comedor(de ser o caso).

Certificado de convivencia.

Fotografía tamaño carnet.

 

NOVIDADES COVID: RECOMENDACIÓN DA CONSELLERÍA PARA O USO DE MÁSCARAS

A Consellería de Sanidade publicou onte á tarde (21/04/2022) o documento con "Directrices sobre o uso da máscara no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia". (Acceso ao documento)

 

Neste documento establécese o uso da máscara:

           OBRIGATORIO             
• Transporte escolar (salvo excepcións recollidas no apartado 3.1)
RECOMENDADO
• Persoal traballador do centro educativo.
• Alumnado do centro educativo.
• Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos
de casos.

 

NOVIDADES COVID: COMUNICACIÓN CONXUNTA SANIDADE - EDUCACIÓN

A Consellería vén de publicar unha comunicación conxunta onde se define a nova estratexia e control do SARS.COV-2 na etapa de transición en Galicia no ámbito educativo.

 

Na  comunicación advírtese de que a aplicación EDU-COVID deixa de funcionar.

 

No caso de que o alumnado presente síntomas compatibles con covid a recomendación é que os nenos/as non acudan ao centro ata que melloren eses síntomas.

 

Podedes consultar o documento AQUÍ.

APERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/25

 

Admisión e Matrícula para o curso 2024/2025

PARA ALUMNADO NOVO NO CENTRO!

PROCEDEMENTO

Para presentar unha solicitude poderá facelo de tres formas:

⓵ Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro a través da aplicación: AdmisionAlumnado.

⓶ Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.

⓷ Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

Todos os trámites presenciais realizaranse no edificio Uceira en horario de 09:00-14:00h.

 

 PRAZOS

Prazo de presentación de solicitudes: Do 1 ao 20 de marzo de 2024.

Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido: 25 de abril.

Prazo de reclamación contra a listaxe provisional: no  prazo de cinco días hábiles posteriores á resolución provisional.

Publicación de listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: 15 de maio.

Formalización da matrícula: Do 20 ao 30 de xuño.

 MODELOS PARA PRESENTAR A SOLICITUDE 


DOCUMENTOS DESCARGA
Solicitude de praza no centro do 1 ao 20 de marzo. DESCARGA O ANEXO II.   (GALEGO)
Solicitude de praza no centro do 1 ao 20 de marzo. DESCARGA O ANEXO II (CASTELÁN)
Nota informativa para as familias.
Anexo I Admisión

 


DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE (ANEXO II)

◘ Anexo I Admisión.

◘ Orixinal ou copia cotexada do DNI do alumno/a (se o ten), e dos seus pais.

◘ Orixinal ou copia cotexada do Libro de Familia.

◘ Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos para o curso para o que solicita praza (só para alumnado de Primaria).

◘ Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio onde conste a custodia do menor, se é o caso. 

 

 

Isabel e Teresa xubílanse! Sempre no noso corazón. GRAZAS!

Despedidas que son ledas,

despedidas que son tristes, 

ledas, porque desexadas,

tristes, porque despedidas.  

Adeus que significa grazas,

adeus que vos desexa vida, 

adeus máis que con palabras, 

palabras de Rosalía.  

Adeus Isa, adeus Tere,

adeus de tantos pequenos,

adeus que é un ata pronto,

porque pronto nos veremos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut