Skip to Content

logos á dereita

Colaboradores/as do comedor escolar

ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES/AS DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR 2023/2024

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2023-2024.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2023/2024, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o día 8 setembro de 2023.

Durante o curso escolar 2023-2024  só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

O Carballiño, xullo de 2023.

Termos do Acordo do Consello da Xunta do día 15 de outubro de 2020 que afectan aos colaboradores/as de atención e vixilancia dos menores comensais en comedores de xestión directa

 

Os importes diarios das compensacións económicas, serán os seguintes:

 

  • Colaborador/a de atención e vixilancia dos menores comensais en comedores de xestión directa: 12,50 € por día de asistencia efectiva ao comedor.

 

O presente acordo surtirá efectos dende o día 1 de outubro de 2020.

 

 

O Carballiño, 23 de Outubro de 2020.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut