Skip to Content

logos á dereita

Novidades

8M 2023

RECOLLIDA DE CHEQUES AXUDA LIBROS-MATERIAL ESCOLAR/ RECIBOS COMEDOR

 

 

OS RECIBOS DE XUÑO DE COMEDOR PODEN RECOLLERSE NO EDIFICIO UCEIRA.

 OS CHEQUES DE AXUDA DE LIBROS/MATERIAL ESCOLAR RECOLLERÁNSE DO 4 ao 14 DE XULLO DE 2023 en horario de 09:30-13:30h

A listaxe de admitidos/excluídos (fondolibros) pode consultarse no taboleiro da entrada do edificio Uceira (A partir do día 4 de xullo)

 

O REPARTO DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (FONDOLIBROS) SERÁ EN SETEMBRO.

AS CLASES COMEZARÁN O 11 DE SETEMBRO

 

 

PRAZO DE RENOVACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25

Ola familias,

Hoxe recibiredes a través dos vosos fillos e fillas o impreso de

renovación de matrícula.

Vai destinada ao alumnado que actualmente está matriculado en calquera nivel de Educación Infantil ou Primaria (agás os de sexto de Primaria, que marchan para o instituto).

O prazo para presentar a renovación será ata o 21 de maio incluído.

Se non tedes que aportar ningunha documentación a maiores podedes enviar a renovación a través dos vosos fillos e fillas.

 

O equipo directivo.

ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN PARA O CURSO 2023-2024

Publicadas nos taboleiros dos tres edificios as listaxes provisionais de alumnado de nova incorporación admitido para o curso 2023-2024.

As listaxes definitivas serán publicadas o 15 de maio.

EQUIPO COVID

PARA CONTACTAR CO EQUIPO COVID:

Chamade ao teléfono do colexio ou enviade un email

                                    
988271419   ceip.calvo.sotelo@edu.xunta.gal

ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES/AS DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR 2023/2024

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2023-2024.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2023/2024, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o día 8 setembro de 2023.

Durante o curso escolar 2023-2024  só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

O Carballiño, xullo de 2023.

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-2024

PROCEDEMENTO

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B - anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia

SEDE ELECTRÓNICA

Para a presentación presencial deberá entregar a documentación correspondente no Edificio Uceira (luns a venres de 09:00h a14:00h).

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Anexo I e II (Pode descargarse abaixo).
  • Copia do libro de familia ou documentación equivalente, onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.*
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. 

*  Excepcionalmente, cando NON sexa posible facelo polos medios anteriores, poderase  acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

  • Certificado ou volante de convivencia. (Non se considera válido o certificado de empadronamento).
  • Informe dos Servicios Sociais ou do órgano equivalente do Concello onde reside a familia.
DOCUMENTACIÓN DESCARGA
Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto.
Nota informativa para as familias
Impreso de solicitude (anexos I e II)

 PRAZOS

 Presentación de solicitudes: do 20 de maio ao 21 de xuño.

Publicación da listaxe provisional: 4 de xullo.

Reclamacións:  5 e 6 de xullo.

Publicación da listaxe definitiva: 7 de xullo.

  Por protección de datos as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio Uceira.

Toda esta información pode atoparse en:

FONDOLIBROS 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut