Skip to Content

logos á dereita

Novidades

Entrega do anexo ii modelo de autodeclaración e especificacións

 

Estimadas familias:

Hoxe os alumnos/as que sexan usuarios de comedor escolar levarán nas mochilas o Anexo II: Modelo de autodeclaración e especificacións.

 

Como saber que casiña teñen que marcar?

1) Precisan coller a declaración do ano 2020 e realizar o seguinte cálculo:

casiña 435+casiña 460 - casiña 595 =x

2) Deben dividir a cifra x polo número de membros da unidade familiar (y)

(Así coñecerán a súa renda neta per cápita familiar X/Y)

3) Marquen a casiña correspondente no apartado D (autodeclaración) para saber se lles corresponde o aboamento de 0€ por día, 1€, 2,50€ ou 4,50€.

4)Deben asinar o declarante (pai/nai/titor legal do alumno/a e o cónxuxe).

 

Poden realizar o cálculo coa calculadora que aparece no enlace:

https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

Precisamos que entreguen o modelo cuberto aos titores/as como máximo o 24 de setembro.

Grazas

INFORMACIÓN PARA O INICIO DE CURSO

 Pulsa na infografía para acceder a toda a información:

Recollida de recibos de comedor e vales de material e libros.

RECOLLIDA DE RECIBOS DE COMEDOR DO MES DE XUÑO

O prazo para recoller os recibos de comedor comeza o luns 28.

Teñen ata o día 12 de xullo para entregar o xustificante de pago,  de forma presencial ou enviando o xustificante de pago por email.

RECOLLIDA DE VALES DE MATERIAL E LIBROS

PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA: 5 E 6 DE XULLO.

TERCEIRO E CUARTO DE PRIMARIA: 7 E 8 DE XULLO.

QUINTO E SEXTO DE PRIMARIA: 9 E 12 DE XULLO.

Semana Intensa en Primeiro de Ed. Primaria.



O alumnado do 1’ nivel de E.P. gozou dunha serie de actividades algo diferentes das habituais:
A través de videoconferencia tivemos a oportunidade de entrevistar a Maria M. Noya, escritora do conto “los mellizos Luna” o cal traballamos para conmemorar o día do medio ambiente.
A nosa profe Euxe achegounos ao mundo da música, concretamente do clarinete, gozamos dun pequeno concerto e falounos da banda á que pertence: a artística de Merza.
Tamén recibimos  a visita dos dous adestradores de CD ARENTEIRO. Con eles decatámonos de que a través do futbol non so practicamos deporte, tamén aprendemos valores coma a responsabilidade e o compañerismo.
E xa por último visitáronnos as tres capitanas e os dous entrenadores do Ourense Envialia B, da 2ª división de fútbol sala femenino. Pasamos unha mañá moi agradable, falando da visibilidade da muller no deporte.

Moitas grazas a todos e todas: María M. Noya, Euxe, Fran Justo, Millán Fernández, Carla, Inés, Nerea, Rubén Carballo e Rubén Méndez.

 

GRAZAS FAMILIAS!

 

Hoxe varios membros do corpo de bombeiros do Carballiño visitaron o centro para recoller o material doado polas familias e o profesorado para o proxecto: Furgoneta Solidaria a Guinea Bissau.

Os bombeiros explicaron ao alumnado de terceiro en que consistía o proxecto.

Posteriormente os nenos/as de primeiro e terceiro de EP tiveron a oportunidade de visitar o camión dos bombeiros. 

 

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA COLABORACIÓN!

 

 

 

 

 

 

 

 

Listaxe definitiva de alumnado admitido para o curso 2023/24

Publicación da listaxe definitiva de alumnado admitido

para o curso 2023/24

 

Desde hoxe está publicada a listaxe definitiva do alumnado de novo ingreso admitido para o curso 2023/24.

Cumprindo coa normativa de protección de datos, as listaxes están publicadas nos taboleiros de anuncios dos tres edificios.  

Lembren que deben formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Debido a que estes días son non lectivos poderán consultalas a partir do día 18.

Informámosvos que as listaxes provisionais non sufriron variacións.

 

PROXECTO SOLIDARIO - FURGONETA SOLIDARIA A GUINEA BISSAU

 

Estimadas familias:

 

Temos a oportunidade de participar nun proxecto solidario en colaboración coa ONG

Furgoneta Solidaria a Guinea Bissau.

Recibimos esta invitación a través de dous membros do Parque de Bombeiros de O

Carballiño que están involucrados neste proxecto en calidade de colaboradores.

 

Solicitan a nosa axuda a través da achega do seguinte material escolar:

 

Cadernos

Lapis

Bolígrafos

Gomas

Estoxos

Mochilas

Libros de texto en inglés

 

Este material formará parte dun envío no que colaboran centros educativos, farmacias e

outras empresas de Galicia.

A ONG informaranos cando o material chegue ao seu destino, na zona de Gambasee en Guinea Bissau.

 

O prazo máximo para traer ao colexio as achegas é o próximo xoves 13 de maio.

 

 

Podedes saber máis sobre a asociación e o proxecto pinchando na foto:

 

 

 

 

RENOVACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2021/22

Ola familias!

Hoxe recibiredes a través dos vosos fillos e fillas o impreso de renovación de matrícula.

Vai destinada ao alumnado que actualmente está matriculado en calquera nivel de Educación Infantil ou Primaria (agás os de sexto de Primaria, que marchan para o instituto).

O prazo para presentar a renovación será ata o 14 de maio incluído.

Se non tedes que aportar ningunha documentación a maiores podedes enviala a través dos vosos fillos e fillas.

O equipo directivo.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO DE NOVO INGRESO ADMITIDO PARA O CURSO 2021/22

Desde hoxe está publicada a listaxe provisional do alumnado de novo ingreso admitido para o curso 2021/22.

Cumprindo coa normativa de protección de datos, a listaxe estará publicada no taboleiro de anuncios do edificio Uceira.

Existe un prazo para reclamación de cinco días hábiles.

Pasado este prazo publicaremos a listaxe definitiva.

 

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

A distribución de alumnado por edificios publicarase no mes de xullo unha vez formalizada a matrícula.

Distribuir contido


by Dr. Radut