Skip to Content

logos á dereita

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

 

Aberto o prazo para representantes dos pais/nais/titores legais e para representantes do profesorado desde o día 4 ao día 12 de novembro de 2021, ambos incluídos.

O censo está publicado no edificio da Uceira, comprobade que aparezades e estean ben os vosos datos. Podedes reclamar ao censo desde o día 8 de novembro ás 09:00 horas ata as 13:00 h do día 10 de novembro.

A listaxe provisional de candidaturas publicarase o día 15 de novembro, e haberá dous días (16 e 17 de novembro) para reclamar.

A listaxe definitiva de candidaturas publicarase o día 18 de novembro.

As eleccións para os representantes do profesorado serán o día 23 de novembro ás

16:00 h en claustro extraordinario.

As eleccións para os representantes dos pais/nais/titores legais terán lugar o día 25 de novembro en horario de mañá de 08:00 a 11:00 h , e en horario de tarde de 15:00 a 18:00h.

A solicitude de candidatura pódese recoller en conserxería da Uceira, e presentarase acompañada dunha fotocopia do DNI.

Un saúdo.

O Equipo Directivo



page | by Dr. Radut