Skip to Content

logos á dereita

Agradecemento

 

Dende o centro queremos agradecer a todas as familias a participación na votación celebrada onte, día 23 de xaneiro, na que por primeira vez, e despois de doce anos de loita, se nos permitíu á comunidade educativa votar para decidir o noso horario.

 

Levábamos moitos anos solicitando a XORNADA ÚNICA, pedindo que nos deixaran chegar á votación, pero, como sabedes a maioría, era necesario ter antes o informe favorable da viabilidade do transporte escolar. Este informe, foi, ano tras ano, un muro infranqueable, sempre desfavorable e sempre un impedimento que non nos permitía avanzar hacia ás votacións das familias.

 

Asegurámosvos que nunca estivemos quietos, profesorado, familias, anpa, ... a presión á Administración para conseguila foi constante. Atrás quedan doce anos de reunións co delegado de educación, coas xefas territoriais, manifestacións polo pobo e diante da Consellería, pancartas, escritos ás administracións competentes na materia, escritos á prensa, incluso folga de alumnos/as, ... A todas estas actuacións fóstesvos incorporando ás familias novas que ano tras ano pasástedes a formar parte da comunidade educativa do Ceip Plurilingüe Calvo Sotelo, e cada unha foi facendo seu, o problema dun horario nada axeitado.

 

Todo foi inútil, ata o mes de novembro pasado. Dende a Consellería comunícábannos, que a principios de ano, se ían revisar os contratos de transporte. Así que chegaba o momento "AGORA OU NUNCA".

 

E todos e todas estivestes ahí, contestando á enquisa previa que nos obrigaron a facer para ter unha idea do que as familias querían respecto ao horario. O sentir maioritario, máis dun 75% do censo, foi favorable á xornada única.

 

Con istes resultados, xa puidemos avanzar, solicitar de novo ese famoso informe favorable de transporte, e, ..., por fin, chegou á autorización para proceder ás votacións oficiais. Fixéronse e non vos descoidástedes. O resultado foi aplastante.

 

VOTOS EMITIDOS: 382

VOTOS FAVORABLES Á XORNADA ÚNICA: 353

VOTOS EN CONTRA: 28

VOTOS NULOS:1

 

Cando só necesitábamos un 58% do voto favorable das familias, nós tivemos o 78,1%.

 

A Consellería xa non ten que ter dúbidas do que queremos, demostrámosllo. O esforzo de todos e todas, pais, nais, profesores, profesoras, incluidos os que xa non están no cole, que sempre nos seguistes apoiando, fixérono posible.

 

GRAZAS A TODOS E TODAS!

 

O noso traballo está feito. Agora só falta a confirmación oficial para poder disfrutar dunha...

 

XORNADA ÚNICA DE MAÑÁ

 



blog | by Dr. Radut