Se queredes solicitar unha titoría podedes pedir cita ao titor/a persoalmente ou usando a aplicación gratuita abalarMóbil que podedes descargar nos vosos móbiles premendo nos enlaces de abaixo.
Botade un ollo para ver como é a instalación e o rexistro.
Esta aplicación tamén permite consultar cualificacións, recibir avisos e notificacións do centro, xustificar faltas de asistencia, ou pagar as taxas do comedor escolar entre outras funcións. Aquí vos deixamos un vídeo explicativo sobre esta ferramenta.
Tes dúbidas? Pulsa para acceder a unha guía actualizada de uso do abalarMóbil
A nosa biblioteca está incluida no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), promovido pola Consellería de Educación, que implica non só a lectura en diferentes soportes, senón tamén a comprensión, utilización e avaliación crítica da información. Dentro deste Plan, somos Biblioteca Inclusiva con diferentes materiais de apoio ás necesidades educativas específicas, e Biblioteca Creativa que emprega a robótica, a imprensión 3D e os obradoiros manipulativos para fomentar, estimular e apoiar a aprendizaxe.
Por xentileza da Confederación Hidrográfica tivemos unha charla para o alumnado de sexto de primaria.
Anxo Moure explicoulles a importancia da defensa e valoración dos ríos como fonte de biodiversidade, así como a necesidade de coidar os ríos para velar pola súa conservación. Ensinoulles tamén os nomes de distintas barcas e seres mitolóxicos relacionados coa auga.
O alumnado de 1º e 2º acudiu ao Auditorio de Ourense á obra ofrecida por Afundación "Safari", realizada por La Baldufa Companyia de Comediants, na que os animais lles amosaron que, a través das nosas actitudes e comportamentos en positivo, podemos convivir de forma dulce e tranquila, respectando a todo o mundo.