MÚSICA

Actividades de música

DANZA DO PIRATA II

Xa temos a segunda entrega da DANZA DOS PIRATAS!

MOI BEN FEITO RAPACES E RAPAZAS!!

 

 

DANZA DO PIRATA I

Aquí tedes ao primeiro grupo realizando a percusión corporal da Danza do pirata.

MOI BO RITMO RAPACES!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MÚSICA 3º-4º PRIMARIA

 

MÚSICA

MUIÑEIRA DE PONTESAMPAIO

(Actividades do 23 ao 30 de abril)

 

Esta semana continuamos coas partes B, C e D da Muiñeira de Pontesampaio.

 

POÑEDE A VOSA IMAXINACIÓN A TRABALLAR!!! 

QUE TEDES NA CASA CO QUE PODEDES FACER MÚSICA?? UTENSILIOS DE COCIÑA, XOGUETES, LÁPICES, BOTELLAS, ...

 

Empregade o que queirades para facer os ritmos, incluso podedes caracterizarvos (seguro que tedes algún disfrace na casa, mesmo vos

podedes pintar a cara). Imos a pasalo moi ben e facer algo divertido.

Con todos os vídeos que mandedes farei a montaxe de todas as partes e subirase á páxina web do colexio para que toda a comunidade escolar

poda desfrutar da vosa interpretación.

 

COMO TEÑO QUE FACER??

 

1º Escoitar a parte B mirando a partitura do ritmo. EN TODAS AS PARTES ESCOITAREDES ANTES DA CANCIÓN OITO PULSOS QUE

NOS SERVEN DE GUÍA PARA SABER A VELOCIDADE.

2º Practicar a PARTE B, primeiro sen música e despois coa música empregando como instrumento musical o que se che ocorra.

3º Cando che saia, grava un vídeo e envíamo por correo electrónico.

4º Fai o mesmo coas partes C e D cambiando de obxectos para facer os ritmos.

 

 PARTE B

 

AUDIO PARTE B

 

PARTE C

 

AUDIO PARTE C

 

 PARTE D

 

AUDIO PARTE D

 

 

 

 

 

 

 

MOVÉMONOS COA MÚSICA II

RETO 5º e 6º: MÚSICA – EDUCACIÓN FÍSICA

Para esta semana temos un novo reto, no que combinamos as áreas de Música e Educación Física. Antes de empezar le as instrucións e logo practica.

 

1º Comezamos quecendo un pouco. Imita o vídeo: https://youtu.be/wyM4dvh-h2c

 

 2º Traballamos con raqueta e pelota (lembrade que poden ser feitas por vós). O máis importante é seguir o ritmo. Mirade o vídeo da profe Irene e facede o mesmo: https://youtu.be/eMY6GD6lsUo

 

  Esta é a representación do ritmo:

 

Corresponde á parte B da canción “Jump in the line”.

Jump in the Line (Shake, Senora) é unha canción de calipso (xénero musical afrocaribeño orixinario de Trinidad e Tobago, moi popular nas illas do Caribe de fala inglesa e francesa. Tamén é popular en Costa Rica, Hondoras, Panamá, México, Perú ou Ecuador. A súa peculiaridade é que fai uso como instrumento principal duns tambores metálicos, fabricados a partir de barrís de petróleo reciclados) cantada por Harry Belafonte e composta por Lord Kitchener .

Aquí vos deixamos a música da PARTE B:

https://www.dropbox.com/s/89cijezl0jg0qzq/Reto%205%C2%BA%206%C2%BA%20raqueta.mp3?dl=0

No seguinte enlace podedes escoitar a canción enteira interpretada por Harry Belafonte:https://www.youtube.com/watch?v=kMXBJW1PuU8

 

Tedes ata o 24 de abril para enviarlle á profe Carmen un vídeo como o da profe Irene.

 

3º Para rematar a sesión estiramos. Sigue o vídeo: https://youtu.be/F4Qlv8ywWKA

 

Saúdos, saúde e moito ánimo!!!

Irene e Carmen.

 

Somos piratas!!

 

 

Rapazas e rapaces de 1º e 2º!!!!

 

Propóñomos a seguinte actividade para que traballedes a percusión corporal. É a...  DANZA DO PIRATA!

Traballaremos as palmas, o golpe no peito e os pés. Teredes que seguir o musicograma e levar moi ben o pulso na parte do corpo que corresponda. Practicade moito e cando o teñades enviádeme un pequeno vídeo ou un audio realizando a actividade. Moito ánimo!!

 

 

MOVÉMONOS COA MÚSICA II

RETO 3º e 4º: MÚSICA – EDUCACIÓN FÍSICA

 

Para esta semana temos un novo reto, no que combinamos as áreas de Música e Educación Física. Antes de empezar le as instrucións e logo practica.

 

1º Comezamos quecendo un pouco. Imita o vídeo: https://youtu.be/O1bzuFFUq44

 

 

2º Temos que facer o ritmo  correspondente á parte A da Muiñeira de Pontesampaio, que aprendemos a semana pasada. Para isto precisamos unha  raqueta e unha pelota. Mirade o vídeo para entender mellor a actividade: https://youtu.be/tmYHBFJtIes

 

Escoitade varias veces o audio antes de comezar a practicar. https://www.dropbox.com/s/yaekgnbg8tqixc0/AUD-20200415-WA0009.mp3?dl=0  Hai unha introdución de 8 pulsos antes de empezar a realizar a actividade.


Tedes ata o 23 de abril para enviarlle á profe Carmen un vídeo como o da profe Irene. Se aínda non o tes, pídelle o correo a túa titora.

 

 

AUDIO PARTE A

 

 

3º Para rematar a sesión estiramos. Sigue o vídeo: https://youtu.be/yKDnOyKvzg8

 

 

INFORMACIÓN

"Muiñeira de Pontesampaio"

 

Grupo MILLADOIRO

Milladoiro é un grupo musical galego de folk, creado no ano 1979. Está considerado como o máis internacional dos grupos galegos, e un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego.

Para máis información do grupo e ver algún vídeo visita a páxina:

https://milladoiro.gal/

 

 

 

Saúdos, saúde e moito ánimo!!!

 

Irene e Carmen.

 

 

Distribuir contido