MÚSICA

Actividades de música

CANTANTO DE BAILANDO APRENDEMOS O ABECEDARIO

 

CANTANDO E BAILANDO APRENDEMOS O ABECEDARIO

 

A canción de MAGÍN BLANCO “O abecedario” complementa o libro O abecedario, con ilustracións de Óscar Villán, publicado pola Mesa pola Normalización Lingüística.

A música é unha ferramenta fundamental pois con ela motivamos na comprensión e memorización dunha forma divertida. Conseguiremos desenvolver o sentido do ritmo, fomentar a imaxinación e a capacidade creativa, aumentar o vocabulario e favorecer que expresen as emocións.

A letra da canción de O abecedario é unha boa ferramenta para ensinarlles aos nenos e nenas o abecedario galego así como para estimular a linguaxe oral e ao mesmo tempo entretelos. Cantar é un excelente recurso didáctico para os nenos e nenas. Favorece o desenvolvemento da atención, concentración, memoria, imitación, comunicación e socialización.

 

 

 

 

I ENTREGA DE INSTRUMENTOS EXÓTICOS

 

Na primeira entrega do departamento de EDLG do CMUS viaxamos a CHINA con Abraham Cupeiro a través do HULUSI.

 

O " hulusi" é un instrumento de vento de cana libre de China. Está feito dunha cabaza de tres tubos de bambú inseridos

 

no extremo inferior. Os tubos de bambú consisten nun tubo principal que ten buracos para os dedos

 

para facer diferentes tons e dúas pipas que poden tocar o acorde. É utilizado principalmente por grupos étnicos minoritarios

 

na provincia de Yunnan e ten un son similar ao dun clarinete.

 

 

 

 

 

( categories: )

MOVÉMONOS COA MÚSICA

ACTIVIDADE DE EDUCACIÓN FÍSICA E MÚSICA

 

 

 

 

VIAXE AO PASADO A TRAVÉS DA MÚSICA

Imos a realizar unha viaxe ao pasado a través da música e dos instrumentos que nos presenta o noso amigo Abraham Cupeiro.

O curso pasado o alumnado de primaria tivo a ocasión de coñecelo no concerto didáctico que realizamos dende o EDLG do centro xunto co resto dos equipos

dos centros educativos da Estrada e o EDLG do CMUS Profesional da Coruña na que Abraham é o seu coordinador.

Nestes tempos tan difíciles, Abraham prestouse a mostrarnos unha serie de instrumentos que nos levan ao pasado.

Comenzamos con "CORNU DE POMPEII" instrumento musical de vento feito de cobre na que o tubo

se enroscaba sobre si mesmo. Era empregado polo exército romano para comunicar as ordes ás tropas nas batallas.

María Ruíz e Abraham Cupeiro construíron este instrumento baseándose nos Cornus atopados en Pompeia no século XIX

O SEU SON IMPRESIONA!!

 

 

 

 

( categories: )
Distribuir contido