MÚSICA 3º-4º PRIMARIA

 

MÚSICA

MUIÑEIRA DE PONTESAMPAIO

(Actividades do 23 ao 30 de abril)

 

Esta semana continuamos coas partes B, C e D da Muiñeira de Pontesampaio.

 

POÑEDE A VOSA IMAXINACIÓN A TRABALLAR!!! 

QUE TEDES NA CASA CO QUE PODEDES FACER MÚSICA?? UTENSILIOS DE COCIÑA, XOGUETES, LÁPICES, BOTELLAS, ...

 

Empregade o que queirades para facer os ritmos, incluso podedes caracterizarvos (seguro que tedes algún disfrace na casa, mesmo vos

podedes pintar a cara). Imos a pasalo moi ben e facer algo divertido.

Con todos os vídeos que mandedes farei a montaxe de todas as partes e subirase á páxina web do colexio para que toda a comunidade escolar

poda desfrutar da vosa interpretación.

 

COMO TEÑO QUE FACER??

 

1º Escoitar a parte B mirando a partitura do ritmo. EN TODAS AS PARTES ESCOITAREDES ANTES DA CANCIÓN OITO PULSOS QUE

NOS SERVEN DE GUÍA PARA SABER A VELOCIDADE.

2º Practicar a PARTE B, primeiro sen música e despois coa música empregando como instrumento musical o que se che ocorra.

3º Cando che saia, grava un vídeo e envíamo por correo electrónico.

4º Fai o mesmo coas partes C e D cambiando de obxectos para facer os ritmos.

 

 PARTE B

 

AUDIO PARTE B

 

PARTE C

 

AUDIO PARTE C

 

 PARTE D

 

AUDIO PARTE D

 

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
PARTE B Muiñeira de Sampaio.mp3411.09 KB
PARTE C Muiñeira de Pontesampaio.mp3427.15 KB
PARTE D Muiñeira de Pontesampaio.mp3454.03 KB