Skip to Content

COMUNICACIÓN RESERVA DE PRAZA ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA NO IES AS BIZOCAS

Comunícase a existencia de prazas suficientes para atender as solicitudes de reserva efectuadas en prazo por ese centro educativo, para o alumnado que desexa cursar 1º ESO no IES AS BIZOCAS durante o ano académico 2020/2021.

As familias do alumnado que fixeron a reserva en dito centro adscrito non necesitan realizar a solicitude de admisión. Pero si que a deberán facer as familias que desexen escolarizar aos seus fillos/as noutro centro diferente ao I.E.S. As Bizocas.(O prazo remata o 20 de marzo).

Lémbrase tamén que as familias interesadas poderán solicitar no centro correspondente ou telematicamente as axudas de libros e material escolar cando saia a convocatoria e tamén que TODO O ALUMNADO de 6º de primaria deberá realizar no mes de xuño a FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA no I.E.S. correspondente (Prazo do 20-30 de xuño).

 

 



page | by Dr. Radut