Skip to Content

BENVIDOS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA       

SECRETARÍA

RESUMO PROCEDEMENTOS ESCOLARES CURSO 20-21

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO

DEBIDO AO CURSO "ESPECIAL" NO QUE NOS ATOPAMOS , TODOS OS MESTRES/AS PRECISAN TER UNHA REUNIÓN INICIAL CAS FAMILIAS, ANTES DO COMEZO DAS CLASES,  PARA EXPLICAR O NOVO PROTOCOLO COVID ENTRE OUTROS PUNTOS A TRATAR.

OS HORARIOS, A DATA E O LUGAR SON OS SEGUINTES:

3 ANOS: LUNS 7 DE SETEMBRO AS 13:00 HORAS NO SALÓN DE ACTOS.

4 ANOS: LUNS 7 DE SETEMBRO AS 9:00 NO SALÓN DE ACTOS.

5 ANOS: LUNS 7 DE SETEMBRO AS  11:00 HORAS NO SALÓN DE ACTOS.

 1º PRIMARIA: MARTES 8 DE SETEMBRO AS 9:00 HORAS NO SALÓN DE ACTOS

2º A PRIMARIA: LUNS 7 SETEMBRO AS 10:00 NA AULA (no primeiro piso)

2º B PRIMARIALUNS 7 SETEMBRO AS 12:00 NA AULA (no primeiro piso)

3º A PRIMARIA: MARTES 8 DE TEMBRO AS 12:00 HORAS NA AULA (2º PISO)

3º B PRIMARIA: MARTES 8 DE SETEMBRO AS 10:00 HORAS NO SALÓN DE ACTOS

4º PRIMARIA: MARTES 8 A LAS 11:00 HORAS NO SALON DE ACTOS

5º PRIMARIA: VENRES 4 DE SETEMBRO AS 10:30 NO SALÓN DE ACTOS

6º PRIMARIA: VENRES 4 DE SETEMBRO AS 9:00 NO SALÓN DE ACTOS

 

LEMBRADE:

UN FAMILIAR POR NENO/A

UN SAÚDO E MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR (COMEZO DAS CLASES)

O claustro do CEIP A Sangriña quere darvos a benvida ao novo curso escolar 2020/21.

 

As clases darán comezo segundo a Resolución do 1 de setembro de 2020 da seguinte maneira:

1. O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil ( 3 e 4 anos) e 1º, 2º e 3º curso de educación primarial e educación especial.

2. O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil (5 anos) e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria. 

 

A continuación deixovos o calendario escolar para o vindeiro curso escolar:

ORDE do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. 

 

Un saúdo

AXUDA FONDO LIBROS

Publicamos a listaxe provisional de Fondo Libros 2020-2021

Pódense recoller os vales dende o xoves 9 ata o luns 13 de xullo inclusive en horario de 10:00 a 13:00

 

Os vales que non se recollan no prazo establecido quedarán pendentes para Setembro

AUTORIZACIÓNS DE RECOLLIDA DE ALUMNOS

Debido á situación producida polo COVID-19 este ano publicamos as autorizacións de recollida de alumnos no centro e nas paradas de autobús para o curso 2020-21

Hai un modelo para alumnado de Eduación Infantil e de alumnos de Educación Primaria de 1º a 4º

O segundo modelo é para os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria.

O modelo de Infantil ata 4º de Primaria é para autorizar a recollida no centro e na parada de autobús dos alumnos, por parte das persoas que os poidan recoller que non sexan os pais/nais.

O modelo dos alumnos de 5 º e 6º de Primaria é para recoller o alumnado no centro ou na parada por persoas alleas diferentes ós pais/nais e tamén para autorizar a que estes alumnos poidan sair do centro eles solos ou ir dende a parada de autobús ata o seu domicilio. Estes alumnos con autorización dos seus nais/pais tamén poden acompañar ós seus irmáns menores.

 AQUELES ALUMNOS QUE UTILICEN AS PARADAS DE TRANSPORTE DE AS DE COPAS, SAN CAETANO, PALOMAR E FONTEQUENTE DEBERÁN ENTREGAR TAMÉN O IMPRESO DE AUTORIZACIÓN DE TRANSPORTE PRECARIO.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 8 ó 19 de xuño na Secretaría do centro.

 

Podedes descargar ós modelos aquí ou que se vos entreguen no centro.

 

Un saúdo, 

O Equipo Directivo

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

Reanúdase o prazo de solicitude de Admisión de Novo Alumnado para Educación Infantil e  Educación Primaria do 11 ó 18 de maio 2020

O centro estará aberto en horario de 10.00 a 13.00 para a achega de documentación.

 

A documentación que hai que achegar é:

  • DNI da nai
  • DNI do pai
  • DNI do alumno/a, se o alumno non tivera DNI, fotocopia da páxina do Libro de Familia na que aparece o alumno/a

 

Este trámite involucra a todo alumnado que se incorpore por primeira vez ó centro educativo

Para mais información podedes poñervos en contacto co centro no número de teléfono 886 11 00 81 no horario de 10.00 a 13.00 hrs.

ou enviarnos un correo electrónico a ceip.asangrinha@edu.xunta.es para resolver calquer tipo de dúbida

 

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE MATRICULACIÓN DO NOVO ALUMNADO

 

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

 

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

SUSPENDIDAS AS CLASES POLO CORONAVIRUS DURANTE 14 DÍAS

DEBIDO AS MEDIDAS PREVENTIVAS ESPECIAIS ADOPATADAS POLA XUNTA DE GALICIA, QUEDAN SUSPENDIDAS TODAS AS ACTIVIDADES LECTIVAS PARA TODO O NOSO ALUMNADO DENDE O 16 DE MARZO E CUNHA DURACIÓN DE 14 DÍAS.

 

RESERVA DE PRAZA CURSO 2020/2021

RESERVA DE PRAZA CURSO 2020/2021

 

Os alumnos de Educación Infantil 3,4,5 (anos) e 1º, 2º, 3º, 4º e 5º de Educación Primaria, mediante o impreso que se lles remitiu, farán a actualización de datos e reserva de praza neste centro, para o curso 2020/2021. Prazo do 1 ao 17 de febreiro.

Se algún alumno non quere continuar no Ceip A Sangriña terá que solicitar praza non centro que desexe dende o 1 ata o 20 de marzo.

 

Os alumnos de 6º de Educación Primaria, mediante o impreso que se lles remitiu, farán a reserva de praza para o (Instituto de Ensinanza Secundaria) IES A Sangriña para o curso 2020/2021.Prazo do 1 ao 17 de febreiro.

Documentación:

Impreso cuberto eDNIs do pai, nai e alumno/a. No caso de que o alumno/a non teña DNI, fotocopia do libro de familia da súa páxina.

Se algún alumno/a non quere ir para o IES A Sangriña terá que solicitar praza non centro que desexe dende o 1 ata o 20 de marzo.

LISTAXE DEFINITIVA FONDO DE LIBROS CURSO 2019/20

AQUÍ ESTÁ A LISTAXE DEFINITIVA DE FONDO DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR.

Distribuir contido


by Dr. Radut