Os alumnos de 3º,4º,5º,e 6º de primaria visitaron a exposición Os Guerreiros de Terracota.
Alí descubriron a réplica do impresionante conxunto escultórico, o xacemento arqueolóxico máis grande do mundo, datado no ano 211 antes de Cristo onde se reproduce a maxía do foso onde se atopan as pezas orixinais.
Descubriron que cada un dos Guerreiros é único. Cambian as súas roupas, peiteados, expresións,armas...
Tamén que as mandou facer, por que e diversos obxectos que reflexan parte da cultura nesas data,
Foi unha visita moi interesante!!!