Skip to Content

BENVIDOS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA       

Actrividades

SEMENTAMOS PATACAS NA HORTA

A HORTA DA SANGRIÑA ESTÁ CHEA DE COUSAS: CEBOLAS, ALLOS, BRÓCOLI, BERZAS, AMORODOS  E AGORA... PATACAS!!! 

CO NOSO PROPIO ABONO DO  COMPOSTEIRO PREPARAMOS A HORTA E CA AXUDA DOS NENAS E NENAS PRANTAMOS UNHA MOREA DE PATACAS QUE TROUXO O PROFE SERGIO DENDE ALLARIZ; A VER SE AO FINAL DE CURSO PODEMOS DEGUSTAR UNHA TORTILLA DE PATACAS CON PRODUCTOS DA NOSA HORTA. 

NESTA ACTIVIDADE PARTICIPARON NENOS DE 3 ANOS, 4 ANOS, 1º PRIMARIA , 3º E 4º. PERO TODOS SEGUEN DÍA A DÍA O QUE ACONTECE MNA NOSA GRAN HORTA!! NON DEIXEDES DE MIRAR O VÍDEO!!

 

 

UNHA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA MOI ESPECIAL!!

QUE NO NOSO PABILLÓN XOGUE UN EQUIPO DE PRIMEIRA DIVISIÓN É TODA UNHA HONRA PARA NÓS PERO MÁIS PARA OS NENOS E NENAS DE 4º DE PRIMARIA QUE CANDO ENTRARON NO PABILLÓN PARA A SÚA CLASE DOS VENRES ATOPARÓN UNHA NOVA PISTA VERDE, CON PANTALLAS POLOS LATERAIS, BRILLANTE E ESPECTACULAR!!

O PARTIDO DO MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS CONTRA O ROCASA ÍASE RETRANSMITIR EN DIRECTO POR ISO ESTABAN OS TÉCNICOS DE TELEDEPORTE INSTALANDO A PISTA E GRAZAS AA ISO OS NENOS E AS NENAS DISFRUTARON DAQUEL CAMPO COMA SE FOSEN GRANDES ESTRELAS.

MIRADE QUE CARAS DE ILUSIÓN!!!

A SANGRIÑA PARTICIPA NA MARCHA VERDE!!

O PASADO 27 DE SETEMBRO HOUBO UNHA FOLGA MUNDIAL POLO CAMBIO CLIMÁTICO. NA GUARDA OS CENTROS QUE PARTICIPAN EN VOZ NATURA DECIDIRON QUE OS NENOS E AS NENAS DEBERÍAN APOIAR DITA FOLGA, POR ISO PREPARAMOS UNHA MARCHA VERDE DENDE CADA CENTRO CON PANCARTAS FEITAS POR ELES ATA CASTELO DE SANTA CRUZ.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL FONDO DE LIBROS CURSO 2019/20

NO FICHEIRO ADXUNTO PODEREDES VER A RESOLUCIÓN PROVISIONAL PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR.

PICOMOTRICIDADE EN INFANTIL 3 ANOS

Estamos a piques de rematar o curso  e os rapaces e rapazas de tres anos queren amosarnos o ben que o pasaron facendo psicomotricidade. Mirádeos!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut