Skip to Content

3º Educación Primaria

CHARLA SOBRE OS PERIGOS DE INTERNET

Os alumnos de quinto e sexto de primaria recibiron unha charla informativa sobre os perigos do uso de internet, enmarcada dentro do programa Navega con rumbo.

Clica na imaxe e descubre a visita

 

 

ACTUACIÓNS DO CRREPY SHOW

XA ESTÁN AQUÍ!!

ESTES SON OS VÍDEOS DAS ACTUACIÓNS DO CREEPY SHOW!!

TODOS ELES TIVERON QUE SUPERAR UN DIFÍCIL CASTING PARA PODER CHEGAR ATA AQUÍ; UN ESIXENTE XURADO TIVO QUE ELIMINAR A AQUELES ASPIRANTES QUE NON TIÑAN PREPARADA A ACTUACIÓN PERO A GRAN MAIORÍA E DE MANEIRA LIBRE E VOLUNTARIA PREPARARON UN "CREEPY SHOW" DO QUE TODOS OS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS  DISFRUTARON.

OS PROPIOS NENOS FIXERON EQUIPOS, BUSCARON A MÚSICA E PREPARARON TODO O ESPECTÁCULO, EN CADA VIDEO SALE VARIAS ACTUACIÓNS, ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!! AOS NENOS ENCANTOULLES!!

 

 

CHARLAS SOBRE IGUALDADE

Oa alumnos de 5º de primaria, recibiron dúas charlas sobre igualdade e empatía nas que  foron conscientes da situación de discriminación na que  viven  algunhas mulleres.

Clica na imaxe

COLABORAMOS NA PINTURA DA GALAXIA" A GUARDA ESCRITA NAS ESTRELAS"

Os alumnos de E. Primaria do cole, participaron na pintura da galasia: A Guarda escrita nas estrelas.

Descubriron o significado  de moitos dos elementos guardeses alí plasmado e tamén foron quen de identificar algunha das marcas mariñeiras propiedade das súas familias.

Foi unha experiencia xenial!  Clica nas imaxes para ver máis!

 

Información para nais e pais

Charlas moi interesantes para pais e nais.

Non deixedes de ir!

 

 

FOMOS A VER O MUSICAL " ALADINO E A LÁMPADA MARABILLOSA"

Para completar a colección de saídas que levamos feito este curso, asistimos, xunto cos nosos compis de 2º, 3º e 4º á posta en escea dun musical en Vigo, na sala Ártika.

Clica na imaxe e descubre como foi!!

 

 

Visitounos Antonio García Teijeiro!!!



Tivemos o privilexio de coñecer en vivo e directo ao autor Antonio García Teijeiro.


Durante varias semanas estivemos traballando o libro "Poemar o mar" Foi un libro que nos encantou polas súas poesías cargadiñas de sentimentos, emocións ....


Sabiamos que Antonio García Teijeiro ía vir a visitarnos e decidimos investigar sobre a súa vida e obras. Descubrimos que este libro pertencía a unha triloxía sobre o mar.


Queriamos facer algo especial para el, e así foi como xurdiu a idea de ilustrar as súas poesías e facer un libro xigante. 

 

E por fin chegou o día!!!

Que nerviosos estabamos!

Recibímolo na biblioteca, e escoitámolo con moito interese.Contounos unha morea de cousas e participamos nas actividades que nos fixo. Quedamos encantados!!! Eres único!
Graciñas Antonio, foi unha experiencia que non esqueceremos nunca. 

Clicade na imaxe e veredes o resumo que se publicou no blog da biblioteca

Máis imaxes e vídeos






CHARLA SOBRE VIOLNCIA DE XÉNERO NO CONTEXTO DIXITAL

Hoxe os alumnos de 5º e 6º tiveronunha Charla moi interesante e instrutiva sobre a violencia de xénero que sofren moitas mulleres no ámbito dixital.
 
Clica na imaxe e descubre máis da charla!

POR UNHA GALICIA VERDE: NON AO LUME

Durante esta fin de semana sentimos medo, angustia, pena, enfado, rabia.... porque o lume infernal  rodeou  a unha morea de pobos e aos seus habitantes. Vimos imaxes que tardaremos moito tempo en esquecer e que  non queremos que se  repitan xamais.
 
O luns, foi o tema principal do que falamos en todas as aulas, os incendios e as súas consecuencias. Que lástima sentimos, pero que ganas de volver a ver a nosa Galicia verde!!!
 
Entre todos fixemos un mural no que cada árbore, representa as nosas ganas de que non se repitan estes atroces incendios e que se recuperen os nosos montes e arredores canto antes.

 

Todos imos por o noso gran de area para conseguir ver cumplido o noso desexo.
             
 
POR UNHA GALICIA VERDE, NON AO LUME!!!
 

 
 

Violencia cero

Os rapaces de 5º e 6º  de primaria acudiron á plaza do reló para participar na actividade organizada pola Deputación Provincial de Pontevedra contra a violencia de xénero.

A artista Ana Aguire foi a encargada de dinamizar a actividade.

Distribuir contido


by Dr. Radut