Skip to Content

PLANTACIÓN NO MONTE SANTA TEGRA

O XOVES 22 DE FEBREIRO OS NENAS E AS NENAS DE 3 ANOS E DE 1º DE PRIMARIA PARTICIPARON NUNHA PLANTACIÓN NO MONTE SANTA TEGRA ORGANIZADA POLA COMUNIDADE DE MONTES. NESTA OCASIÓN PLATAMOS CASTIÑEIROS NO LUGA ONDE XA PLANTÁRAMOS O ANO PASADO.

FOI UN DÍA FANTÁTICO E SOLO TEMOS AS GRAZAS POR CONTA CON NÓS E AQUÍ VOS DEIXO AS FOTOGRAFÍAS QUE FIXEMOS. ESPEAMOS QUE VOS GUSTE!!

 

Solicitude de praza novos alumnos 2018-2019

SOLICITUDE DE PRAZA NOVOS ALUMNOS CURSO 2018/2019

 

Dende o día 1 ata o 20 de marzo de 2018 podérase solicitar praza para o vindeiro curso 2018/2019.

 

Documentación necesaria:

Impreso de solicitude que se facilitará na secretaría do centro.

Fotocopia dos DNI do alumno, do pai e da nai.

Se o alumno non tivera DNI, fotocopia da páxina do libro de familia na que está inscrito.

 

HORARIO DE SECRETARÍA:

De luns a venres de 8:30 a 10:00 horas

Os martes de 15:30 a 18:30 horas

 

Para calquera dúbida poñerse en contacto co centro no teléfono: 886 110 081

SAÍDA DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS PARA VER AS OVELLAS DE TIAGO

O xoves 1 de febreriro os nenos e as nenas de 3 anos foron a nave de Tiago para ver as súas ovellas e os años que lle naceran. Déronlle o bibe, colléronas, correron tras elas, etc.

O APALPADOR PREMIOU UNHA CARTA DO NOSO COLE!!

Ás veces a ilusión tórnase realidade e así o vivíu á volta de nadal a nosa compañeira de primeiro.

A súa carta resultou premiada no concurso "Cartas ao Apalpador"



                                                       PARABÉNS ESTELA!!

Menú Febreiro 2018

RECICLAXE NO COLE!

Púxemos en marcha no centro un plan de reciclaxe e concienciación do alumnado para clasificar os materiais que botamos no lixo.

 En tódalas aulas e dependencias do centro colocáronse papeleiras de cores para que se boten os materiais de xeito clasificado.

 Na entrada do centro contedores para recollida de pilas e tapóns de plástico (para o banco de tapóns).

 Nos patios do centro dispomos de papeleiras e contedores, tamén das cores de reciclaxe, para poder facer neles a clasificación correspondente. E para reciclar os residuos orgánicos, tanto do  comedor escolar como dos alumnos, está funcionando un composteiro.

 

Contamos coa colaboración do concello que nos aportou os contedores e o composteiro.

Para coordinar as tarefas de seguimento creouse a “ECOPATRULLA A SANGRIÑA”, formada por alumnos do centro que, de xeito rotatorio, que son  os encargados de explicar o funcionamento e de supervisar que se faga a reciclaxe de forma correcta, tanto nas aulas como nos patios.

 

PLANTACIÓN DE ÁRBORES NO CEIP A SANGRIÑA

O día 11 de xaneiro os alumnos do: Ceip A Sangriña, Colexio San Xerome e Avelaiña, xunto co seu profesorado, levaron a cabo unha plantación de carballos no patio do centro. Cada aula plantou una árbore que formará parte da carballeira que se pretende crear para ter un espazo verde dentro do recinto escolar no que poidan xogar e realizar actividades.

O concello de A Guarda colaborou na realización dos traballos con persoal e maquinaria.

 


NADAL NA RÚA

Este ano, para celebrar o Nadal, decidimos saír a cantar polas rúas do pobo.

Foi unha experiencia distinta na que o pasamos ben, compartimos a alegría cos veciños e familiares poloque nos sentimos moi orgullosos.

Aqui vos deixamos unha pequena mostra.

 

FESTIVAL DE NADAL

Este ano o festival de Nadal estivo cheo de sorpresas que foron un deleite para todos. 

Mirade, mirade!







Menú Xaneiro 2018

Distribuir contido


by Dr. Radut