Skip to Content

OBRADOIROS TENEBROSOS DE SAMAÍN

Versión para imprimir

Hai uns días iniciamos os preparativos do Samaín e, como nesta época do ano nos encanta que o cole estea HORRIPILANTE ... fixemos uns obradoiros de manualidades tenebrosas!

 
Foi unha actividade voluntaria, polo que os nenos e nenas que quixeron participar, foron inscribirse o luns ao recunchiño da entrada....e tal como esperabamos...acudiron moit@@@@@s dispostos a traballar!!!
 
Como acostumamos dende hai uns anos, traballaron maiores e pequenos, experiencia da que ambos desfrutaron moito. O primeiro dia foi o mércores 23, compartiron actividade os alumnos e alumnas de Educación Infantil e de 6º.  O xoves participaron os nenos e nenas de 2°, 4° e 5°. E o venres tocoulle a 1° e 3°
Aproveitando que  estamos  levando a cabo, o Proxecto de Reciclaxe e Medio AMBIENTE, non dubidamos en utilizar materiais RECICLADOS, coma papeis vellos, botellas e alfombriñas das que se poñen no rato da computadora, coas que elaboramos uns cuños terroríficos.
 
Prema nas imaxes para velas en grande.
 
 









 


Foi unha experiencia MARABILLOSA e, por suposto.... TENEBROSA!!!
 
E agora... a seguir disfrutando unhas xornadas máis desta festa, convivindo e aprendendo algo novo cada día.
 
Unha forte aperta e... Feliz Samaín!!!
 
 
 

 



page | by Dr. Radut