BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
EXCURSIÓN A SANTIAGO
Versión para imprimir
Rematamos A PDI VIVE O CAMIÑO como todos os peregrinos, visitando Santiago.
Todos os alumnos de primaria, a primeira hora da mañá, saímos en tres autobuses cara o noso destino. Estábamos algo moi contentos e algo inquedos por chegar.
Xa alí, puidemos desfrutar da Praza do Obradoiro, da Praza da Inmaculada, de Platerías e da Quintana. A entrada a catedral, foi un pouco desilusionante porque estaba en obras e case non puidemos ver nada. Tamén visitamos o Museo do Pobo Galego, o Museo de Historia Natural.
Paramos no parque de Vistalegre para repor forzas, que fame tiñamos!! E ao rematar xogamos un chisco.
Retomamos as visitas e dirixímonos a parte vella, as mestras tíñannos un xogo de monumentos preparado, foi moi divertido!
Case era hora de volver cando nos diriximos, paseando polas rúas máis emblemáticas da cidade, a Alameda, onde estivemos coas MARÍA, e coñecemos a súa historia. Contemplamos a Catedral desde este ángulo e pareceunos espectacular.
Coma en todas as excursións, paramos a tomar uns xeados e xogar. E… hora da merenda, antes de coller os buses do regreso a casa.
Foi unha xornada moi enriquecedora e especial!!!
Rematamos cansados pero moi contentos!