Skip to Content

XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL

Versión para imprimir

 

A semana pasada tivemos unha xornada de Educación Viaria a cargo da Dirección Xeral de Tráfico e da Garda Civil de Tráfico de Porriño.


A primeira das actividades que nos tiñan preparadas, foron  unhas charlas moi interesantes, intensas e axeitadas as diferentes idades dos alumnos de primaria, polo do sarxento Daniel Castelo. Nelas foinos explicando e recordando moitas das normas de seguridade  e sinais de circulación que temos que coñecer e cumprir tanto cando imos cos nosos pais e avós no coche,  cando imos en bici e mesmo cando somos peóns.

 
O que máis nos chamou a atención, foron algún dos vídeos que nos puxo, porque nos fixeron pensar nalgunhas das cousas que facemos mal por costume ou que non coñecíamos e das consecuencias irreparables que poden ter como cando baixamos do bus, onde por as mochilas e outros materiais para que en caso un choque non nos firan.
Foi unha charla xenial e que nos gustou un montón!



 
A seguinte das actividades, era un circuíto que nos tiña montado no patio. Os alumnos de 5º e 6º fixemos o percorrido en karst, e o resto de primaria en bici e os de infantil en patinete, triciclo, bici...


Estabamos desexando empezar!
En canto nos chamaron, rapidamente nos puxemos os chalecos, cascos e aos karts… cintos postos e a conducirrr!!



 
Alí puxemos en practica todo o que nos explicara Dani na charla pero, algún de nós, polos nervios, por non controlar ben os pedais, ou porque o compañeiro de diante freaba de súpeto chocamos. Tamén nos esquecemos dalgún sinal.


 
Para rematar a xornada, os gardas civís Miguel e Miguel Gil, estaban esperándonos cos seus vehículos de traballo, un coche de tráfico e unha moto.


Explicáronos e deixáronos entrar no coche, ver onde teñen as emisoras e como funcionan, por as luces de emerxencia, as serenas, a megafonía e tamén vimos o maleteiro coas sinais que utilizan cando teñen que ir a un accidente para axudar os accidentados e evitar outros accidentes.
 



 

E como remate, subimos a motooooo e..... 

















Que divertido foi descubrir que teñen megafonía, que solo son para unha persoa porque  tamén levan unha emisora e megafonía.
  
Foi un éxito total!!!!
Solo nos queda dar as grazas a DXT e a Garda Civil de Tráfico por deixarnos ter esta xenial experiencia!!.
 
Vídeos resumo por cursos:
 

 

 

 



page | by Dr. Radut