Skip to Content

A ASOCIACIÓN PIUEIRO ENSINANOS A CONSTRUÍR UN COMPÁS

Versión para imprimir

Hoxe comezamos a construción dun compás.

Tomás e Ventura, membros da Asociación o Piueiro, achegáronse a nosa aula para explicarnos paso a paso a construción dun compás.
 
 
 
Antes de comezar, amosáronnos un compas moi antigo e cargado de moita historia polas horas de uso que ten.

 

 
 


Puidemos comprobar como estaba feito porque o desmontaron para que entendésemos o que íamos facer.
 
 
 
 

De seguido, ensináronnos co compás de  Tomás o que tiñamos que facer. 

 
Chegou o momento de pornos en acción¡¡¡

Comezamos a construír a caixa para o compás. 
Primeiro montámola para asegurarnos que todas as pezas encaixaban. 

 



A continuación, a montaxe……pegar, encaixar, suxeitar con goma para que non se movan as pezas mentres seca a cola.

 
 
E chegou o momento da parte máis delicada, a preparación do soporte no que irá a rosa dos ventos e os imáns. 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


Pero antes tivemos  que colocar a agulla de latón na caixa de madeira, xa que é o soporte no que colocaremos o capichel xunto coa rosa dos ventos.









Tivemos realizar medicións para  colocar os imáns e así equilibrar a rosa dos ventos o máximo posible. 
 


 

 

Non foi doado conseguir o equilibrio pero, despois de varios intentos, finalmente o logramos¡¡
 


 
 
 
 
E para rematar a actividade no día de hoxe, buscamos o Norte coa axuda doutro compás e comprobamos se tiñamos ben a orientación coa brúxula do móbil. así rematamos a parte técnica quedando a parte artística para outra sesión.


Tanto Ventura coma Tomás que son uns mariñeiros moi experimentados, lograron espertar en nós o interese e curiosidade para lograr que esta actividade tan interesante e instrutiva fose un éxito total.


MOITISIMAS GRAZAS POR ESTA EXPERIENCIA TAN MARABILLOSA¡¡¡



page | by Dr. Radut