BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
2º CONCERTO CONSERVATORIO DA GUARDA
Celebramos o Día das Letras Galegas cun 2º concerto co que nos deleitaron alumnado e profesorado do CONSERVATORIO DA GUARDA.
Comezou a PROFE CHARO GUERREIRO DE GAITA explicando as partes dunha gaita:
E deu paso a un mini concerto tocado estupendamento por alumnado adulto do Conservatorio no que a profe Charo interactuou sempre cas nosas nenas e nenos. Remataron a sesión coa versión tocada da CAROLINA coreada por todo o noso alumnado. Aquí quedan unhas pinceladas de como soou:
Continuou o concerto cunha representación da BANDA INFANTIL DO CONSERVATORIO dirixida por José Antonio Soutelo. Se observades ben, veredes a nosa profe Virginia, integrada nela tocando!!!
Foinos explicando os instrumentos que formaban parte da banda...
E aquí saiu ROQUE DE 4º co seu instrumento, recibindo moitos aplausos.
Aquí deixamos unha pequena mostra do que soou:
Canto desfrutamos. Moitísimas grazas ó Conservatorio por facelo posible!!!!