Skip to Content

SAMAÍN SANGRIÑENTO 2022

Versión para imprimir

Chegou o día máis terrorífico!!!

Nenas e nenos esperaban impacientes e nerviosxs a entrada preparada con esmero polo profesorado.

Antes e coas luces acesas demos un paseo polo Centro para ver as sorpresas que esperaban ó noso alumnado:

Chegou a hora:luces apagadas: 

Despois de unhas cantas carreiras e algo de medo, chegada ás aulas onde nos mostraron os seus disfraces e maquillaxes:  

E comezaron as actividades:

Para o alumnado máis pequeno, Infantil e 1º estaba organizado un TALLER SENSORIAL do que desfrutaron moitísimo: 

O alumnado máis maior foi convocado para un ESCAPE ROOM (Xogos de estratexia e inxenio) 

Toda festa galega remata con merenda. Nesta ocasión, a nosa foi traida polo alumnado de 5º e 6º. Graciñas ás familias, todo estivo exquisito.

E non faltaron os bailes e as cancións entre todxs:

Ahhhh e queda para finalizar os premios ás cabazas que máis gustaron:

Graciñas a todo o profesorado polo traballo e a implicación para facer que esta festa fose un éxito e, en especial, ó Equipo de Actividades Extraescolares, encargados da súa organización.

 



page | by Dr. Radut