blogue deadmin

25N INFANTIL

Os nenos e nanas da clase de 5 anos nos deixan unhas palabras en relación ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

SEMPRE VIVAS

Participamos na iniciativa proposta polo CIM de A Guarda para a conmemoración do 25N

Os alumnos/as de 4º de Educación Primaria escoitamos 3 cancións das que tiñamos que extraer as mensaxes que nos lle daríamos ás mulleres do mundo, aquí volas deixamos para que as poidades escoitar vos tamén.

 

Despois as plasmamos no soporte aportado polo Concello, aquí o resultado:

Os rapaces de 1º de Primaria tamén nos sumamos a esta actividade recollendo algúns libros cos que se poden conmemorar o día do 25 de novembro, se visitades a exposición non deixedes de consultar os titulos que agocha está muller no seu peto!

¡OS DE PRIMEIRO LEMOS O PRINCIPIÑO!

Os alumnos/as de 1º EP estivemos traballando o conto de "O Principiño" aquí vos deixamos a lectura do capítulo 3 , vos animamos a que leades o conto ¡Está dispoñible en BiblioPepiño!

¡Esperamos que vos guste moito!

FOMOS SELECCIONADOS PARA O VOLUNTARIADO DE LECTURA

Por todo o voso esforzo e implicación coa biblioteca  ao longo deste curso 2016-2017 ...fomos elixidos como un dos oito centros con MEGACOLABORADORES de biblioteca.

 

Máis información clicando na imaxe

 

Día Internacional en contra da violencia de xénero.

O día 25 de novembro celebraremos o Día Internacional en contra da violencia de xénero.

É un xeito de recordar ás vítimas e continuar loitando con todas as nosas forzas para que isto  cambie. 

 

Non podemos quedarnos con brazos cruzados. Temos que loitar practicando co exemplo, tal e como nos invitan algunhas asociacións coas súas campañas de concienciación.

 

Non só son vítimas as que reciben directamente  violencia, tamén a reciben as persoas que están ao seu redor, como son os nenos. A maioría sofren en silencio, e márcaos no seu futuro.

Esta é unha efemérides moi importante que debemos fomentar  desde a escola xunto coas vosas familias. 

 

Estos son algúns dos recusos que vos deixamos para traballar nas aulas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CICLO DE CHARLAS: "MANUAL DE INSTRUCCIÓNS PARA EDUCAR"

Máis información premendo na imaxe

Entroido 2016 - Vídeo Presentación

Presentamos o vídeo-presentación do entroido coas fotos dos rapaces e rapazas (e algunha que outra sorpresa) de toda a semana do Entroido no cole !

 

Volta ao cole!

Comeza o novo curso Risa! . Son momentos de reencontros,de nervios, de sono,de ilusión e descubrimentos. Todo inicio de curso e unha aventura pero especialmente para os máis cativos do cole, os nosos artistas de 3 anos Inocente que por primeira vez sentáronse na aula a explorar e divertirise nesta gran viaxe que é o cole!.

Moita sorte a todos!

CURTAMETRAXES DO MAGOSTO

AQUI ESTÁN AS NOSAS CURTOMETRAXES COA CONMEMORACIÓN DO MAGOSTO. gracias pola vosa paciencia e espera, agardo que vos gusten e entreteñan, e felicito a todos os participantes pola súa creatividade e orixinalidade na realización do guión e interpretación.

 

RECURSOS PARA A PAZ

Aqui podemos atopar os recursos para a paz que os nosos compañeiros de BLIBLIOPEPIÑO nos propoñen para traballar.

Botalle un vistazo pinchando no enlace seguinte.

Distribuir contido