ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE BECAS PARA ALUMNADO DE N.E.A.E. ( CURSO 2022-2023)
Enviado por admin o Mar, 13/09/2022 - 10:58Informámoslles que foron convocadas as" becas "para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
O prazo de presentación de solicitude remata o 30 de setembro de 2022. A información e o acceso para cubrir a solicitude poderán obtelos en Becas y ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo ( Curso 2022-2023).
Están dirixidas a alumnado que presenta necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta, alumnado afectado de TEA, alumnado con THDA que cumpran uns determinados requerimentos e a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
ADSCRICIÓN DO PROFESORADO
Enviado por admin o Dom, 11/09/2022 - 17:23Xúntase a relación de profesorado relativo a cada curso e nivel educativo.
Listado DEFINITIVO de solicitudes ADMITIDAS e EXCLUÍDAS do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO curso 2022/23 (DOG 18 de maio de 2022)
Enviado por admin o Ven, 01/07/2022 - 09:13No taboleiro interior do centro podedes consultar, cita previa (886151574), o listado DEFINITIVO de solicitudes admitidas ou excluídas no "Fondo solidadrio de libros de texto" para o vindeiro curso 2022/23.
Listado PROVISIONAL de solicitudes ADMITIDAS e EXCLUÍDAS do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO curso 2022/23 (DOG 18 de maio de 2022)
Enviado por admin o Lun, 27/06/2022 - 13:08No taboleiro interior do centro podedes consultar, cita previa (886151574), o listado PROVISIONAL de solicitudes admitidas ou excluídas no "Fondo solidadrio de libros de texto" para o vindeiro curso 2022/23.
As persoas interesadas poderán formular reclamación na secretaría do centro nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.
A relación DEFINITIVA de solicitudes admitidas e, de ser o caso, excluídas, publicarase o xoves 30 de xuño no taboleiro interior unha vez finalizado o prazo de reclamacións.
Listado libros de texto e material escolar curso 2022/23
Enviado por admin o Ven, 10/06/2022 - 13:20Nos arquivos adxuntos, podedes consultar o listado de libros de texto e material escolar para o curso 2022/23.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2022/23
Enviado por admin o Xov, 19/05/2022 - 11:15Convocado o Fondo Solidario de libros de texto e as Axudas para adquirir libros de texto e Material escolar para o curso 2022/23.
ORDE do 29 de abril de 2022 (DOG 18 de maio de 2022) Procedemento ED330B
MODALIDADES:
• AXUDAS para adquirir LIBROS DE TEXTO, destinada ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria:
- 210€ con renda per cápita familiar, igual ou inferior a 6000€
- 140€ con renda per cápita familiar superior a 6000€ e inferior o igual a 10.000€
• FONDO SOLIDARIO de LIBROS DE TEXTO para o alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria. Todo o alumnado destes niveis poderá solicitalo e asignaranse os libros dispoñibles, por orde inversa á renda per capita da unidade familiar, ata esgotar as existencias do centro. Unha vez esgotados os libros do fondo, asignaranse os seguintes libros complementarios:
- Seis (6) libros de texto ao alumnado con renda per cápita familiar, igual ou inferior a 6000€
- Catro (4) libros de texto ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6000€ e inferior o igual a 10.000€
• AXUDAS para adquirir MATERIAL ESCOLAR destinado a todo o alumnado matriculado en Educación Primaria, con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €. A axuda será de 50 €.
O alumnado que vai cursar 5º e 6º de Primaria está incluído no Proxecto EDIXGAL, excluído da participación no FONDO DE LIBROS, PODERÁ SOLICITAR a AXUDA para adquirir MATERIAL ESCOLAR.
PRAZOS:
- Presentación de solicitudes: do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022
DATAS LÍMITES:
- Publicación listaxes provisionais (3ºEP e 4ºEP): ata o 11 de xullo de 2022
- Reclamacións ás listaxes provisionais: 2 días seguintes á publicación
- Publicación listaxes definitivas (3ºEP e 4ºEP): ata o 22 de xullo de 2022
PUBLICACIÓNS FONDO SOLIDARIO:
As listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación FONDOLIBROS, empregando a Chave 365.
MODO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
1.- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado ANEXO I e II dispoñible na aplicación FONDOLIBROS a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia empregando a Chave 365.
2.- Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro: solicitude (ANEXO I e ANEXO II) presentarase no centro (debidamente asinada), xunto coa documentación precisa xa fotocopiada.
3.- Unha vez cuberto o formulario na aplicación Fondolibros, pódese gardar obténdose un número de solicitude e posteriormente optar pola forma de presentación:
- Na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Na secretaría do centro.Neste caso, imprimirase a solicitude (ANEXO I) e o anexo II que terán que estar debidamente asinados e acompañados da documentación requirida.
DOCUMENTACIÓN
Cando se autorice a consulta:
• Impreso de solicitude ANEXO I (ED330B) e ANEXO II.
• Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
(Situación real a 31 de decembro de 2020)
E de ser o caso:
- Sentenza xudicial de separación e/ou convenio regulador.
- Certificado de Convivencia se a sentenza e o convenio non representan a situación real.
- Documentación xustificativa de violencia de xénero.
- Certificado do grao de discapacidade (recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia)
Listaxe definitiva de alumnado admitido - curso 2022/23
Enviado por admin o Ven, 13/05/2022 - 09:47Comunicamos as familias que solicitaron praza neste centro para o curso 2022/23 que xa poden consultar o listado definitivo de admitidos para o vindeiro curso no taboleiro interior do centro ou a través da SEDE ELECTRÓNICA Chave 365.
Actualización da Concreción Curricular 2021-2022
Enviado por admin o Mér, 04/05/2022 - 09:05No novo documento aparacen as modificacións feitas á Concreción Curricular para o ano 2021-2022
Concreción curricular 21-22
Enviado por admin o Mér, 20/04/2022 - 09:46De acordo coa ORDE do 25 de xaneiro do 2022 procedemos a publicar un documento no que se atopa toda a información sobre a concreción curricular neste curso.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »