Listado de libros de texto e material escolar curso 2020/21
Enviado por admin o Lun, 15/06/2020 - 11:57No documento adxunto poden consultar e descargar o listado de libros de texto e material didáctico para o curso 2020/21.
Listaxe definitiva de alumnado admitido - curso 2020/21
Enviado por admin o Lun, 15/06/2020 - 10:32No taboleiro de anuncios do centro e na aplicación "Admisión alumnado", pódese consultar o listado definitivo de alumnado admitido para o curso escolar 2020/2021.
Listaxe provisional de alumnado admitido - curso 2020/21
Enviado por admin o Mar, 26/05/2020 - 10:38No taboleiro de anuncios do centro e na aplicación "Admisión alumnado", pódese consultar o listado provisional de alumnado admitido para o curso escolar 2020/2021
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2020/21
Enviado por admin o Mér, 20/05/2020 - 13:13ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, eduiación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021 (Código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 19 de maio de 2020).
PRAZOS:
- Presentación de solicitudes: do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020
DATAS LÍMITES:
- Publicación listaxes provisionais: ata o 10 de xullo de 2020
- Reclamacións ás listaxes provisionais: 2 días seguintes á publicación
- Publicación listaxes definitivas: ata o 20 de xullo de 2020
Rógase acudir con cita previa e coas medidas de protección oportunas.(Recoméndase utilizar o proceso telemático)
Nos ficheiros adxuntos, poden ler as instruccións para solicitar as axudas e descargar os anexos da solicitude.
Adaptacións programacións didácticas
Enviado por admin o Mér, 13/05/2020 - 18:19Nos arquivos adxuntos poden consultar as adaptacións das programacións didácticas realizadas con motivo da suspensión da actividade lectiva debida a pandemia orixinada polo COVID-19.
Adaptación Programación Didáctica EI
Adaptación Programación didáctica 1º
Adaptación Programación Didáctica 2º
Adaptación Programación Didáctica 3º
Adaptación Programación Didáctica 4º
Adaptación Programación Didáctica 5º
ACLARACIÓNS Á REANUDACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN
Enviado por admin o Mér, 06/05/2020 - 19:04Ante as dúbidas xurdidas entre as familias, informamos de que o alumnado xa matriculado no noso centro neste curso 2019/20 ten garantida a súa praza para o vindeiro curso 2020/21.
ORDE do 12 de marzo de 2013 (DOG 15 de marzo 2013)
CAPÍTULO II
Garantía de permanencia e prioridade
Artigo 9. Garantía de permanencia no centro docente
1. O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos no artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.
Polo tanto, só o alumnado de nova matrícula, que aínda non entregara no centro a solicitude de admisión para o curso 2020/21, é a quen vai dirixido o restablecemento do proceso de admisión 2020/21.
Restablecemento do procedemento de admisión de novo alumnado para o curso 2020/21
Enviado por admin o Mér, 06/05/2020 - 16:22Reábrese o prazo para presentar as solicitudes de admisión do alumnado para o curso 2020/21 (DOG 6 de maio de 2020). O formulario normalizado (ED550B) estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” e no centro.
Presentarase a solicitude ANEXO II (ED550B) (descargar impreso en galego ou castelán) no centro ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia acompañado da seguinte documentación:
1º- Copia do DNI do neno/nena ou Libro de familia.
2º- Certificado de matrícula e certificación académica (se vén doutro centro).
3º- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación, se é o caso.
PRAZO DE PRESENTACIÓN de solicitudes de admisión: do 11 ao 18 de maio de 2020, ambos inclusive (PREVIA CITA de 9:00 a 14:00h para a presentación de solicitudes no centro).
PRAZOS PROCESO:
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
- Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
- Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
CITA PREVIA:
- Chamando ao teléfono do centro: 886 151 572
- Mediante correo electrónico indicando “ASUNTO: CITA PREVIA ADMISIÓN ALUMNADO” ao E-MAIL: ceip.carballeira@edu.xunta.es
RECOMENDACIÓNS:
- Recomendamos asistir a cita con mascarilla, luvas…, se é posible.
- Preferiblemente, o día da cita traían impresa e debidamente cuberta a solicitude xunto coas fotocopias da documentación necesaria, co fin de evitar ao máximo o contacto.
LEMBRAMOS
- Só se pode presentar unha única solicitude por alumno/a no centro no que solicite praza no 1º lugar. Se non fóra así, perderanse os dereitos de prioridade.
- Se hai alumnado matriculado neste centro que presenta solicitude de admisión noutro, deberá comunicalo ao centro de orixe.
- O alumnado con praza reservada, se presenta solicitude noutro, debe comunicar a renuncia da reserva antes do inicio do prazo.
- ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO: Parroquia de Lourizán, Pontemuíños e Avda Rosalía de Castro (desde intersección coa ponte da autoestrada AP-9, beirarrúa oeste).
- SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: Transporte escolar, Plan Madruga e Comedor escolar.
Instruccións respecto da atención do alumnado en relación coa pandemia COVID-19
Enviado por admin o Xov, 02/04/2020 - 16:29Estimadas familias, entre as medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid-19, o Acordo do Consello da Xunta do 12 de marzo prevé, entre outras, a adopción das seguintes medidas no eido educativo:
- O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos accesibles ao seu alumnado actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.
Informámosvos que nesta 2ª avaliación unicamente se vai avaliar da materia dada ata o día que se suprimiron as clases. Malia todo, para facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado fóra do ámbito escolar, os equipos docentes e o restante profesorado elaboran propostas de actividades para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios, empregando os sistema de comunicación e información co alumnado e as familias a través das ferramentas ou plataformas coas que traballamos habitualmente (ABALAR, aula virtual…).
Aproveitamos, a ocasión para comunicarvos que este venres 3 de abril publicaremos os boletíns do alumnado correspondente á 2º avaliación e que poderedes consultar a través da aplicación abalarMóbil.
Aviso importante "Abalar móbil"
Enviado por admin o Mar, 24/03/2020 - 20:58Sería moi importante que as familias instalasen nos seus teléfonos móbiles a aplicación gratuita da Xunta de Galicia "Abalar móbil", xa que nestes momentos é unha ferramenta de gran utilidade para contactar tanto o centro coas familias como a inversa.
Grazas
Aula Virtual
Enviado por admin o Xov, 19/03/2020 - 13:20Estamos poñendo a funcionar a aula virtual. Podedes acceder a mesma no menú "Aula virtual" na parte superior dereita da páxina WEB.
Para entrar na mesma o podedes realizar pulsando no acceso "entrar coma convidado" e así non requerirá ningunha contrasinal.
Os contidos os iremos ampliando según a duración da suspensión da actividade académica.
Recordade que os alumnos de 5º e 6º teñen que realizar as activdades online dos temas que tiñan comenzados.
Grazas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »