SOLICITUDE DE ADMISIÓN CURSO 23-24

O Noso colexio premiado no concurso de carteis do "Día Internacional da Muller""

O alumando de 4º nivel de Educación Infantil, e a súa mestra, María Gómez Barba, veñen de acadar un accésit no concurso de deseño do cartel do 8 de marzo (Día Internacional da Muller).

O certame estaba dividido en tres categorías. Na primeira, dirixida ao alumnado de infantil e aos cursos de primeiro, segundo, terceiro e cuarto de educación primaria, obtivo o primeiro premio o alumnado de 2º de Primaria do Centro de Educación Infantil e Primaria Plurilingüe Anxo dá Garda da Coruña co título Igualdade; o segundo galardón recaeu nas alumnas e alumnos do 4º de Primaria do CPI CovaTerreña, de Baiona, co traballo Fomentamos a igualdade non patio do cole; e o accésit foi para o alumnado de 4º de Infantil do CEIP A Carballeira, de Lourizán-Pontevedra con Mariscadoras.

O xurado valorou este ano de maneira positiva a alta participación conseguida nesta edición do certame no que presentaron os seus traballos ata 95 centros escolares.

 

XORNADA PORTAS ABERTAS

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

 

CONVOCATORIA

      De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Innovación e Innovación Educativa pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consello escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30), aXUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS, segundo as seguintes normas:

      1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 1 pais/nais, dun total de 3 que debe ter o Consello Escolar.

      2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14'00 horas do día 17 de novembro.

      3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14'00 horas do día 18 de novembro.

      4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 21 de novembro, ás 09:00 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.

      5.- A campaña electoral comprenderá dende o 24 ao 28 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. O día 28 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.

      6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.

      7.- As votacións realizaranse na ENTRADA deste Colexio o día 29 de novembro, de 9:00 a 10:00, de 13:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 17:30 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 8:45 horas.

      8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de 1 nome dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

      9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos.

      10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

      11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

 

Pontevedra,25  de outubro de 2022

 

A PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL,

 

Plan Dixital

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE BECAS PARA ALUMNADO DE N.E.A.E. ( CURSO 2022-2023)

Informámoslles que foron convocadas as" becas "para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

O prazo de presentación de solicitude remata o 30 de setembro de 2022. A información e o acceso para cubrir a solicitude poderán obtelos en  Becas y ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo ( Curso 2022-2023).

Están dirixidas a alumnado que presenta necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta, alumnado afectado de TEA, alumnado con THDA que cumpran uns determinados requerimentos e a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

 

 

 

CALENDARIO ESCOLAR 2022-2O23

ADSCRICIÓN DO PROFESORADO

Xúntase a relación de profesorado relativo a cada curso e nivel educativo.

Listado DEFINITIVO de solicitudes ADMITIDAS e EXCLUÍDAS do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO curso 2022/23 (DOG 18 de maio de 2022)

No taboleiro interior do centro podedes consultar, cita previa (886151574), o listado DEFINITIVO de solicitudes admitidas ou excluídas no "Fondo solidadrio de libros de texto" para o vindeiro curso 2022/23. 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031