Actividades Normalización

Could not find the wijering_mediaplayer file for embedding.

Entrevista a Joaquina por Nerea - Maio Cultural.

Nerea de 6º de Primaria entrevistou á mestra de 2º de Primaria: Joaquina.

Entrevista realizada dentro das actividades de Maio Cultural organizadas polo Equipo de Biblioteca e Normalización Lingüística.


3:47 minutes (3.47 MB)

Entrevista a Irene por Iker - Maio Cultural.

Iker de 6º de Primaria entrevistou á conserxe do Colexio: Irene.

Entrevista realizada dentro das actividades de Maio Cultural organizadas polo Equipo de Biblioteca e Normalización Lingüística.


2:16 minutes (2.07 MB)

Calendario 2013 do colexio de Abanqueiro.

Este foi o calendario que fixemos para este ano 2013 e que repartimos entre todo o alumnado. A temática traballada este ano foi os apelidos e nomes da zona.

ABANQUEIRO calendario2013 by ceipabanqueiro

Visita de Ángel Carracedo ao colexio de Abanqueiro

O luns, 21 de xaneiro do 2013, contamos coa visita de Ángel Carracedo.
Foi unha xornada inolvidable, dada a súa calidade humana. Os mestres e mestras quedamos sorprendidos polo seu trato cara ao alumnado e a nós mesmos. Deunos unha lección de humildade e de bo facer co alumnado, ao que lle explicou cunha destreza digna dos mellores mestres, o que é o ADN e a importancia que ten para a vida.

Nenos e nenas de 5º comentan a lectura :"Memorias dun neno Labrego" de Xosé Neira

Despois da xuntanza que tivo lugar o día 28 de marzo na biblioteca do CEIP Plurilingüe Abanqueiro co afamado escritor Xosé Neira Vilas, os alumnos e alumnas de 5º   curso queren facer o seu particular homenaxe o ilustre personaxe comentando a lectura do seu libro máis coñecido:"Memorias dun neno labrego"


4:59 minutes (4.57 MB)

Xornada con Neira Vilas no C.E.I.P. Plurilingüe Abanqueiro.

Onte, día 28 de marzo, contamos coa presencia de Xosé Neira Vilas no colexio. Despois dunha xuntanza cos mestres e mestras do centro para charlar de diferentes temas, visitou ao alumnado do colexio para dialogar da súa vida e obra, centrándose especialmente no personaxe de Balbino, de "Memorias dun neno labrego".


Neira Vilas contestando as preguntas do alumnado.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Visita de Xosé Neira Vilas a Abanqueiro.

O próximo 28 de marzo, o afamado escritor galego Xosé Neira vilas, visitará a noso colexio. Despois de varios días de conversa, acordamos ter unha charla no Centro e unha posterior comida co profesorado.

Na súa visita ao CEIP PLURILINGÜE ABANQUEIRO, falaranos da súa vida e obra, centrándose especialmente no libro "Memorias dun neno labrego" e no seu personaxe principal Balbino.

Como preparación desta importante visita, o Centro elaborou diferentes actividades entre o alumnado do terceiro ciclo, que é a quen vai dirixida especialmente a visita, se ben no segundo ciclo tamén se traballaron algúns contidos relacionados.

Entrevista a Anxo Fariña

Excelente entrevista a Anxo Fariña!!!

Anxo Fariña escritor, ilustrador e premio Merlin 2011 con a súa obra "A chave  da Atlántida" chegou ao cole para presentarnos o seu libro."

sentímolo, flash non está dispoñible.

Calendario 2012 do Colexio de Abanqueiro.

Calendario escolar realizado polo Equipo de Normalización no curso 2011-2012. A temática traballada foron festexos, costumes e temas relacionados cos meses ou estacións do ano.

Distribuir contido