Na súa visita ao CEIP PLURILINGÜE ABANQUEIRO, falaranos da súa vida e obra, centrándose especialmente no libro "Memorias dun neno labrego" e no seu personaxe principal Balbino. Como preparación desta importante visita, o Centro elaborou diferentes actividades entre o alumnado do terceiro ciclo, que é a quen vai dirixida especialmente a visita, se ben no segundo ciclo tamén se traballaron algúns contidos relacionados. Balbino, e a súa vida foi traballado nas aulas e fíxose un mural na entrada do colexio para conmemorar a visita.
Compráronse varios exemplares como o da imaxe de "Memorias dun neno labrego" e tamén utilizamos material de traballo como o que vos poñemos a continuación: Xogo elaborado en LIM polo CEIP Frian-Teis. En canto remate a visita teredes toda información de como se desenvolveu. |
|||