Máis experimentos.

Outra das actividades que propuxemos a semana pasada foi descubrir como funcionan os virus, e ver así cal é a importancia do lavado das mans.

                                                   

Martín descubreu que cando lavamos as mans os virus non se pegan a nós.

Breogán tamén quixo probar cal era a mellor maneira de facer que os virus escapen.

Para que isto non suceda é moi importante lavarse as mans a miúdo, por iso nos debuxamos un virus na nosa man e tíñamolo que ir borrando ao longo do día.

                                   

                          Martín e un familiar co virus debuxado na man.                   Sara, xunto coa súa familia, tamén se sumou á actividade.

            

                               Andrés, de tres anos, co seu virus na man.                    Pablo, da clase de cinco anos, tamén debuxou o seu virus.

  Amelia, da clase de tres anos, leva o reconto das veces que foi capaz de eliminar o virus da man.

Breogán debuxa o virus e tamén leva o reconto das veces que é capaz de limpalo.