MURAL COLABORATIVO

A semana pasada tivo lugar unha actividade colaborativa entre toda a comunidade educativa do noso centro que consistiu en pintar un mural co nome do centro e difentes imaxes relacionadas co fondo mariño representando así o significado etimolóxico de Abanqueiro: banco de ostras. Tamén pegamos trozos de azulexos doados polas familias e algunhas empresas da contorna que nos gustaría mencionar para agradecer públicamente a súa colaboración:

- Saneamientos Alcalde

- Material de construcción MCE Espiñeira

- Almacenes Areeiros

- Estudio en las nubes

- Ferralla Calo

- EmeOtero

- Felipe Ces

- José Pérez Domínguez, S.L.

Tamén queremos agradecer a colaboración de AMICOS nesta xornada inclusiva onde todos disfrutamos moito.

Todo este traballo foi posible e dirixido grazas a Gerardo Rodríguez “Chere”, profesor de Formación Profesional e experto muralista e á súa colaboradora Susana Ferradás, mestra de Debuxo Técnico de Educación Secundaria.

Agradecemos ás familias a vosa colaboración. Deixámosvos un pequeno video resumo da evolución e un recopilatorio de fotos.

https://photos.app.goo.gl/wv47XixgJXnVGiMB8