TURRÓN E MAZAPÁN- INFANTIL-2014

Cabazas Samaín 2014

Nadal 2014 en Abanqueiro

Matrícula de Educación Infantil e Primaria para o curso 2015 - 2016

RESERVA DE PRAZA:
Para alumnado que solicite cambiarse a un centro que non lle corresponde ou ao que non está adscrito.
Do 1 ao 15 de febreiro.
Antes do 1 de marzo: publicación dos postos escolares.
O alumnado que siga cursando estudios no mesmo centro NON necesita facer esta reserva.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN:
Só para o alumnado novo que se matricula por primeira vez no centro.

O Magosto en Abanqueiro 2014

O Samaín do ano 2014 de 1ºde Primaria

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016
De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, publícanse os formularios de solicitudes para o curso 2015/16, en galego e castelán.

FESTIVAL DE NADAL: "A LUZ DO MUNDO"

Este vídeo expresa a mensaxe do Nadal a través do nacemento de Xesús.

A representación foi organizada desde a área de Relixión e levada a cabo polo alumnado de 5º e 6º, coa colaboración do alumnado de Infantil.

A disfrutar!

CHRISTMAS SHOW: "RUN, RUN RUDOLPH"

"Run, Run Rudolph", performed by 5th graders.

Excellent performance kids!

Celebración do Samaín 2014

O vindeiro 30 de outubro celebraremos o Samaín, en horario de 9 a 13.30 horas (só haberá clase en xornada de mañá).Haberá servicio de comedor ata ás 15:15 h. Lembramos que á saída do comedor non hai transporte escolar, polo que deben vir a recoller aos vosos fillos/as.

Para dita celebración, necesitamos da súa colaboración nas seguintes actividades:

LIBROS DE TEXTO CURSO 2014-2015 (Actualizado)

ACTUALIZADO a 7 de xullo.

Adxuntamos lista de Libros de texto definitiva para o vindeiro curso.

Listas DEFINITIVAS admitidos comedor 2014-2015

ACTUALIZADO 2 de xuño.

Publicamos listados DEFINITIVOS de admitidos no comedor para o vindeiro curso.

Curtametraxe "O señor Ramón e a señora Ramona"

Os rapaces e rapazas de Educación Infantil e 1º curso de Primaria participaron na creación dunha curtametraxe para "Nós tamén creamos"; coa axuda das mestras de Educación Infantil, a titora de 1º e as mestras de música e educación física. Esta curta exhíbese, xunto con outras, na páxina da CRTVG.

Para poder vela cantas veces queirades, só tes que pinchar na imaxe!

Noraboa polo voso traballo!!

 

Instruccións comedores curso 2014-2015

Adxuntamos os documentos que informan das instruccións de comedores que se van a aplicar no vindeiro curso. Tendes esta información tamén no taboleiro do Centro.

Procurade estar atentos aos posibles cambios que poidan darse nestes días.

AVISO: NON USAR O ANEXO DA INSTRUCCIÓN 2/2014. USAR O ANEXO QUE POÑEMOS A CONTINUACIÓN: ANEXO VI

Anexo VI que hai que entregar.

Información importante para pais/nais

Instruccións da Consellería 2/2014 (non usar o anexo VI deste documento)

Axudas libros de textos curso 2014/2015

A Xunta publicou xa as bases para a solicitude das axudas dos libros de texto para o vindeiro curso 2014-2015.

Tendes dende o 2 de xuño ata o 2 de xullo para entregar as solicitudes no colexio. Pedímosvos que as entreguedes o antes posible para axilizar as solicitudes.

Na seguinte lizazón está toda a información e os formularios para cubrir (tamén os podes pedir no colexio)

 AXUDA LIBROS DE TEXTO - INFORMACIÓN E FORMULARIOS.

 

Distribuir contido