Blogues

LETRAS GALEGAS 2018

Celebramos as Letras Galegas cunha pequena Romaría na que contamos coa colaboración da Asociación Amicos. O alumnado puido disfrutar de talleres, xogos e dun pequeno xantar no que colaboraron as familias.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 - O SON DO AR

Por último, saímos ao patio e todo o alumnado de Educación Primaria interpretou a canción "O son do ar".

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 - HIMNO GALEGO

O alumnado de 6º de Educación Primaria interpretou á frauta o "Himno galego".

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 - DANZA DE PAOS

Logo seguíronlles o alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria coa súa interpretación á frauta da canción "Danza de paos".

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 - O PRIMEIRO VALSE

Continuaron a súa actuación o alumnado de 4º de Educación Primaria coa interpretación á frauta da canción "O primeiro valse".


DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 - A PRINCESA DO CAUREL

O pasado mércores 16 de maio tivo lugar no CEIP Plurilingüe de Abanqueiro a conmemoración do Día das Letras Galegas coa súa tradicional romaría e as actuacións dos nosos protagonistas. Nesta ocasión, comezaron os máis pequenos coa súa representación da canción "A princesa do Caurel".

EDUCACIÓN VIAL

O venres, o noso alumnado recorreu nas bicis as rúas de Boiro, xunto con outro alumnado do Concello.

MR UPSIDE-DOWN

Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria cantan " Mr Upside-Down", así repasamos diversas accións e as horas.

ANIMAL FUN

O alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria cantan "Animal Fun", así aprendemos os distintos nomes de animais en inglés.

DÍA DO LIBRO 2018

O pasado xoves celebramos no noso centro o Dïa do Libro debido ás boas temperaturas prognosticadas. A actividade consistíu en formar grupos de lectura onde os alumnos e alumnas se identificaron cunha flor. 

LITTLE RED RIDING HOOD

Con motivo do mes do teatro, os alumnos de 6º representaron para o resto dos compañeiros do colexio a obra de títeres Carapuchiña Vermella ("Little Red Riding Hood").

HAPPY EASTER!

Os nenos e nenas de Abanqueiro participaron nunha cacería de ovos de Pascua no patio do colexio.

SAINT PATRICK'S DAY

Ao longo da semana pasada celebramos na área de inglés e plástica o día de San Patricio, Saint Patrick's Day, que ten lugar o 17 de marzo. Os alumnos e alumnas aprenderon as orixes desta tradicional festa irlandesa e como se celebra na actualidade en moitas cidades importantes.


Tamén fixemos diferentes actividades relaciones con esta celebración.

Os máis pequenos colorearon un "leprechaun" (duende).

Unha visita polo Concello con Baia

O alumnado de 3º e 4º curso de educación primaria, asistiron onte ao estreno literario do libro Unha visita polo Concello con Baia. Esta actividade organizouna o Concello de Boiro para todos os colexios do Concello.

WHERE'S MY MOUSE?

Os alumnos e alumnas de 3º E.P. interpretan a canción Where's my Mouse? que nos serve para aprender as preposicións: in, on, under, next to.

Distribuir contido