Blogues

ANDAINA EDUCACIÓN VIAL

O venres, o alumnado de 3º e 4º curso de primaria participaron nunha andaina organizada polo Concello de Boiro, na que puxeron en práctica a teoría aprendida en Educación Vial. Ademais, puideron  coñecer e subirse ao helicóptero de salvamento.

Aquí vos quedan uns enlaces publicados polo Concello de Boiro sobre esta actividade:

MAGOSTO

Este xoves celebramos o magosto. Agradecemos á ANPA a súa participación no asado das castañas e a súa colaboración na realización dos xogos populares.

eTwinning Project: Clues to Solve Mysteries

Os alumnos e a alumnas de 4º traballaron duro resolvendo os misterios que nos enviaron os demáis colexios do mesmo curso que participan neste proxecto europeo.

Este é un pequeno resumo do seu esforzo.

CARREIRA SOLIDARIA POLA LEUCEMIA INFANTIL

(Premede en Leer máis para ver o artigo completo)

Onte, día 26 de outubro, alumnado, profesorado e familias do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro uníronse nunha mesma causa: a loita contra a leucemia infantil nunha carreira solidaria para recaudar fondos destinados á organización Unoentreciemil. Non se trataba dunha carreira competitiva, senón todo o contrario.

A carreira celebrouse en máis de 900 centros educativos de toda España. Nós puxemos o noso grao de area recaudando 330 euros para esta causa.

Logo do colexio

Logo do Cole

Logo do cole

A NOSA BIBLIOTECA

O día 24 de outubro, día das Bibliotecas escolares, o alumnado do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro acudimos á biblioteca do noso centro onde visionamos un conto e un video sobre as normas da mesma. Ao final, cantamos unha canción e levamos un agasallo dun libriño - marca páxiñas para animarnos a ler percorrendo o mundo máxico dos libros.

"Con Pita viaxaremos e moitos libros leremos"

SAÍDA A BOIRO

O martes pola mañá, o alumnado de 3º e 4º de educación primaria, fixeron unha saída a Boiro. Na praza do Concello esperábannos Protección Civil, os Bombeiros e a Policía Local. 

SPINNER

Cos alumnos e alumnos de 4º, 5º e 6º comezamos o curso repasando os números ata o 100 xogando ao Bingo.

Tamén repasamos os números xogando co spinner. 

FEED THE SHARK

Comezamos o curso repasando as cores e os números cos máis pequenos de primaria. Para isto, deben alimentar ao noso tiburón que cando ten fame fainos unha pequena visita.

A actividade consiste en dar de comer ao "shark" peixes de cores que ademais teñen un número escrito, expresando de forma oral o peixe escollido por eles.

 

ESCAPE ROOM

A profe de inglés Arancha pedíulle á súa amiga Beatriz Vila, experta en actividades de Escape Room, que viñera ao noso centro a poñer en práctica unha das súas actividades. Os elexidos para atopar o antídoto e salvar o mundo foron os alumnos de 2º de Primaria.

Deixámosvos un resumo do desenvolvemento da actividade na que os nenos e nenas disfrutaron moito.

Moitas grazas Bea polo teu tempo!

CASTROS DE NEIXÓN

O alumnado de 1º e 2º de educación primaria visitaron os Castros de Neixón e este foi o resultado: 

ILLAS CÍES

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º visitou as Illas Cíes e aínda que o tempo non acompañou pasárono moi ben.

XOGADE EN CABO DE CRUZ

O alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria, este curso, participou na actividade XOGADE, na que se xuntaban con outros centros da zona e realizaban actividades deportivas. Aquí tedes tedes unha pequena mostra da visita que o noso alumnado fixo a Cabo de Cruz.

VISITA POLA VILA DE NOIA

     Os alumnos e alumnas de 5º e 6º fixemos una saída  relixioso-cultural pola vila de Noia,que celebraba o 850 aniversario da súa fundación e como Portus Apostoli.

CAMPO A TRAVÉS

O mércores 23 de xuño, o alumnado do noso centro de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º participou, xunto co alumnado dos demais centros do Concello de Boiro, no campo a través organizado polo mesmo. Aquí tedes unha pequena mostra.

Distribuir contido